PROFESGALEGAS


FORMACIÓN DO GRAO COMPARATIVO
FORMACIÓN
 O comparativo de superioridade fórmase con: MÁIS... QUE/CA/DO QUE:
É MÁIS intelixente que o meu.
Luís ten MÁIS traballo CA min.
Veu MÁIS cedo DO QUE pensabas.
 O comparativo de igualdade fórmase con: TAN/TANTO... COMO/COMA. Tamén se pode formar utilizando simplemtente COMO:
Este rapaz é TAN loiro COMO aquel
Aquela nena ten TANTAS bonecas COMA ti.
 O comparativo de inferioridade fórmase con: MENOS...QUE/CA /DO QUE:
Teño MENOS cartos QUE o teu pai.
Estarei MENOS tempo CA ti, en Ourense.
Esa película é MENOS interesante DO QUE me
Dixeches
DISTRIBUCIÓN
 Cando o segundo termo da comparación é un pronome persoal (min, ti, el, nós...) é obrigado a utilización das formas CA e COMA:
Fareino en MENOS tempo CA ti.
Fala COMA min.
 Cando o segundo termo da comparación é un verbo, é obrigada a utilización das formas comparativas DO QUE e COMO:
É mellor DO QUE pensabas, e non é TAN alto COMO dicías.
 Nos demais casos a elección entre QUE/CA; COMO/COMA é optativa:
A laranxa é máis doce QUE o limón/ CÓ limón
Ese neno ten tantos anos COMO/COMA Miguel
Comentarios (0) - Categoría: APUNTAMENTOS GRAMÁTICA 3º ESO CURSO 2022/23 - Publicado o 01-10-2009 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
O INFINITIVO CONXUGADO
EMPREGO DO INFINITIVO CONXUGADO

O infinitivo conxugado é obrigatorio cando:


? O infinitivo ten suxeito distinto ó do verbo principal:
Xa me estrañaba non viren teus irmáns á festa.

? O suxeito sendo distinto ó do verbo principal, non está expreso e convén marcalo para evitar ambigüidade:
Sería mellor marcharmos desta cidade canto antes
Por cumprires todo o prometido, es ben merecente dunha recompensa
Para chegardes a Lugo antes da noite tendes que saír agora.

? En construcións reflexivas e con verbos pronominais:
Puxemos o espertador para erguérmonos cedo.


NON EMPREGO DO INFINITIVO CONXUGADO


? Cando é perífrase:
Temos que facer o xantar.

? Cando vai rexido por un verbo modal (QUERER, PODER, DEBER)
Queredes repartir o papel?

? Cando o infinitivo está rexido por un verbo causativo (MANDAR, FACER, DEIXAR, PERMITIR e sinónimos) e vén inmediatamente despois del, ou separado del soamente polo seu suxeito, se este está expresado por un pronome átono.
Deixas pasar as horas e non dás feito nada.
Ninguén o ve traballar en todo o día.
Sentinvos falar ata as cinco da mañá.

? Con verbos de movemento en construccións que teñen un valor de finalidade:
Vimos recoller o lixo.

? En xeral, cando o infinitivo ten o mesmo suxeito que o do verbo do que depende, e se atopa separado del por unha preposición esixida polo réxime do verbo.
Non vos esquezades de pechar ben as billas.
Comentarios (0) - Categoría: APUNTAMENTOS GRAMÁTICA 3º ESO CURSO 2022/23 - Publicado o 01-10-2009 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
COLOCACIÓN DO PRONOME ÁTONO NA FRASE
En cada un destes grupos de frases, a partir dos cales deducirémos as normas de colocación de pronome átono na frase, escribimos con letra máis negra aquelas en que o pronome vai ben colocado.

GRUPO A
Gustoume a película
*A película me gustou
Onte vinte pola rúa
*Onte te vin pola rúa

GRUPO B
Dixo QUE te vira onte
*Dixo que vírate onte
NON (NUNCA, XAMAIS) o vin
*Non vino
QUIZAIS, (TAL VEZ) che pregunta mañá a lección
*Quizais pregúnteche mañá a lección
XA (BEN) cho dixo aquela rapaza
*Xa díxocho aquela rapaza
SÓ (EN SEGUIDA, AXIÑA) llo contei á miña sogra
*Só conteillo á miña sogra
SEMPRE te estás a meter comigo
*Sempre estaste a meter comigo
AÍNDA cho pedín o outro día
*Aínda pedíncho o outro día
MÁIS nos valería marchar
*Máis valeríanos marchar
AQUÍ (ALÍ, AÍ) o tes
*Aquí telo
CANTO (CANDO; ONDE; COMO) lle deches?
*¿Canto dechéslle?
NINGUÉN (ALGUÉN, CALQUERA) mo dixo.
Ninguén díxomo
NADA (MOITO; BASTANTE; POUCO; ALGO) che debo
*Nada déboche

GRUPO C
Para dicirlle iso cómpre valor.
Para lle dicir cómpre valor
Téñoche que dar unha boa noticia
Teño que che dar unha boa noticia
Teño que darche unha boa noticia

*Che teño que dar unha boa noticia




Regras que explican a colocación do pronome átono nos grupos anteriores:

GRUPO A: Por regra xeral, o pronome vai sempre despois do verbo e pegado a el.

GRUPO B: Hai determinadas palabras que precedendo o pronome, fan que o pronome se coloque diante do verbo. Neste caso o pronome non vai pegado ó verbo. Estas palabras son:

1) As que marcan subordinación: QUE, AÍNDA QUE, SEMPRE QUE, POSTO QUE, SE...(podes botarlle unha ollada ao artigo relativo ás conxuncións e locucións conxuntivas para ver todas as que son)
2) Os adverbios de negación: NON, NUNCA, XAMAIS
3) Os adverbios de dúbida: QUIZAIS, TAL VEZ, SEICA, DISQUE
4) Algúns adverbios: XA, SÓ, BEN, MAL, AXIÑA, SEMPRE, AÍNDA, AQUÍ, AÍ, ALÍ, MÁIS, MENOS...
5) Os pronomes interrogativos: ONDE, CANDO, CANTO, COMO
6) Algúns indefinidos: NINGUÉN, ALGUÉN, CALQUERA, MESMO, ALGO, NADA, BASTANTE...

GRUPO C: Nalgúns casos o pronome pode ir diante ou detrás.
-Cando este vai precedido por unha preposición.
-Nas perífrases verbais pode ir a carón do verbo principal, despois da conxunción ou preposición, ou detrás do infinitivo.



Comentarios (0) - Categoría: APUNTAMENTOS GRAMÁTICA 3º ESO CURSO 2022/23 - Publicado o 01-10-2009 17:25
# Ligazón permanente a este artigo
OS SUBSTANTIVOS INVARIABLES E A FORMACIÓN DO FEMININO
FORMACIÓN DO FEMININO
? Polo xeral, os nomes rematados en ?o son masculinos e os rematados en ?a son femininos, aínda que hai excepcións: a radio, o profeta.
No que respecta ó galego hai unha serie de substantivos que, en ocasións, ven alterado o seu xénero por influencia do castelán. Por iso cómpre ter en conta o seguinte:
- Son masculinos:
O cal o legume o diadema o berce o leite o costume o sangue
o cume o ubre o cárcere o cuspe o mel o riso o coral
o sorriso o labor o vexame o fel o dote o lume o nariz
o sinal o fantasma (a pantasma) o testemuño .
Os nomes das letras: o be, o ce...
- Son femininos:
1. Os substantivos rematados en ?axe: a carraxe, a paisaxe, a viaxe, a peaxe. Excepto: o traxe, o garaxe, o paxe; o/a personaxe.
2. As palabras cultas de orixe grega que rematan en ?se, -te: a análise, a paréntese, a crise, a hepatite, a diabete, a paralise.
3. Tamén son femininos os seguintes nomes:
A árbore a ponte a orixe a reuma a asma a auga a cal
A orde a calor a atenuente a cor/color a fin a sentinela a agravante
A testemuña a arte a síndrome a fronte a suor.
4. Son femininos os nomes das árbores froiteiras e tamén o dos seus froitos:
A maceira-a mazá, a laranxeira-a laranxa, a pereira-a pera, a ameixeira-a ameixa.
- Cando o nome da árbore é masculino o do froito tamén o é:
O limoeiro-o limón, o pexegueiro-o pexego.
- Sen embargo, o castiñeiro-a castaña, o piñeiro-a piña, a figueira-o figo, o carballo- a landra.
Formación d feminino no substantivo e no adxectivo.
1. Os nomes sexuados rematados en ?o cambian a vocal polo morfema ?a: neno-nena, fillo-filla.
2. Os nomes masculinos rematados en ?e e algúns en ?a, xeralmente forman o seu feminino cos morfemas ?esa e ?isa: abade-abadesa, sacerdote-sacerdotisa.
3. Hai nomes sexuados que ó cambia-lo xénero cambian tamén a raíz (os chamados ?heterónimos?): o pai-a nai, o home-a muller, o boi-a vaca, o cabalo-a égua

4. Os masculinos rematados en ?n poden face-lo feminino de varias formas:
a) Os rematados en ?án fan o feminino en ?á (cast ?ano/-ana) ou en ?ana:
Aldeán.-aldeá alemán-alemana
Castelán-castelá musulmán-musulmana
Irmán-irmá lacazán-lacazana.
b) As palabras rematadas en ?ón no masculino fan o feminino en ?ona/-oa:
O ladrón-a ladroa/a ladrona (tamén a ladra)
O patrón-a patroa/ a patrona.
c) Algúns dos rematados en ?ón forman o feminino en -esa:
O barón-a baronesa.
5. Os rematados en ?ano forman o feminino substituíndo o morfema do masculino ?o polo de feminino ?a:
Humano-humana, urbano-urbana, paisano-paisana.
6. Os epicenos son os nomes de animais que non varían, ós que se lle pon ?macho/femia?: a formiga macho/a formiga femia.

Comentarios (0) - Categoría: APUNTAMENTOS GRAMÁTICA 3º ESO CURSO 2022/23 - Publicado o 01-10-2009 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante".

Ademais de información relacionada coa materia de Lingua e Literatura Galega, vou ir engadindo datos relacionados coas materias de Lingua e Literatura Catelá e de Latín, pois son dúas materias que imparto este curso e como este blog é para min unha ferramenta de traballo, incluirei tamén temas relacionados con estas dúas materias.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0