Nesta presentación faise un breve repaso da categoría gramatical do substantivo, facendo especial fincapé tanto nos substantivos invariables femininos e masculinos, como na formación do feminino, na formación do plural.
PDF no que se describen as perífrases verbais galegas. Para que non vos inventedes e coñezades as nosas perífrases. Que non todo par de verbos son perífrases...
Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante".
Ademais de información relacionada coa materia de Lingua e Literatura Galega, vou ir engadindo datos relacionados coas materias de Lingua e Literatura Catelá e de Latín, pois son dúas materias que imparto este curso e como este blog é para min unha ferramenta de traballo, incluirei tamén temas relacionados con estas dúas materias.