PROFESGALEGAS


Corrección do exercicio de identificación de tipos de QUE
Valores atribuídos as distintos tipos de "que":
*que conxunción completiva
* que pronome relativo
* que pronome interrogativo

1. O feito de que non o convocasen é moi significativo.
2. A rapaza coa que falaba Manuel era a moza de Luís.
3. É o mellor regalo que me puideron facer.
4. Creo que todos estamos pensando no mesmo.
5. Parece que as alternativas que lles ofrecen non os convencen demasiado.
6. A cuestión é que perderon o partido.
7. O xogador que fora convocado polo seleccionador nacional mancouse durante o adestramento matinal.
8. Moitos pensamos que a última película que protagoniza ese actor será todo un éxito.
9. Os zapatos que mercou Mariña sonlle moi cómodos.
10. O bar da esquina que rexenta Alberto ten sempre moita xente.
11. Xa lle dixemos que o programa informático que nos pasara Rafael estaba moi ben.
12. Non sabiamos qué (determinante interrogativo) roupa poñer para ese evento.
13. Durante as xornadas que imos celebrar dirémoslles que todo o traballo que deben realizar corre pola súa conta.
14. Parece que hai demasiada xente que opina que todo o que sae na Internet é pouco fiable.
15. Dille que xa sabes que naceu o neno que esperaba a veciña do quinto e que é un bebé precioso.
16. Necesito que me digas qué (determinante interrogativo) tipo de tea queres que merque para lle faceres o disfraz que che pediu Manuela.
17. Xa sabemos que o que temos que traballar é importante para poder aprobar todo o curso.
18. Nunca chegamos a pensar que iso que lle dixemos puidiese afectarlle tanto.
18. Non sabemos qué lle puido sentar tan mal.
20. Cóntalle ao teu amigo qué é o que che pasou.
21. Queres que sexa eu o que lle diga que aprobou?
22. Gústame moito o xersei de raias que leva Adela.
23. Encantoume oírlle dicir que tiñas razón.
24. Preferiría que foses ti a persoa que lle comunicases esa nova.
25. Non sei qué lle puido pasar pola cabeza para pensar que nós poderiamos desexarlle que lle sucedese iso que lle pasou.

Categoría: EXERCICIOS DE SINTAXE - Publicado o 26-04-2010 16:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante".

Ademais de información relacionada coa materia de Lingua e Literatura Galega, vou ir engadindo datos relacionados coas materias de Lingua e Literatura Catelá e de Latín, pois son dúas materias que imparto este curso e como este blog é para min unha ferramenta de traballo, incluirei tamén temas relacionados con estas dúas materias.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal