PROFESGALEGAS


Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante"

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Corrección do exercicio de identificación de nexos de oracións bipolares (26/4/2010)
1. María tenche máis sentidiño ca ela, aínda que non cho pareza. É unha oración bipolar concesiva que contén no na tese unha oración bipolar comparativa.
2. Malia saír elixido delegado non está contento, porque sempre ten que queixarse de todo. Oración bipolar concesiva que contén na tese unha oración bipolar causal.
3. Unha alta porcentaxe da poboación sofre esa doenza, sen embargo nunca sae reflectido nas estatísticas. Oración bipolar adversativa.
4. Como non me entreguedes as autorizacións que vos enviamos, non iremos de excursión, porque sen elas non podemos facer nada. Oración bipolar condicional que contén no condicionado unha oración bipolar causal
5. Por moito que che poida parecer unha persoa honrada, non cho é tanto porque mira o que lle fixo a Raquel. Oración bipolar concesiva que contén na tese unha oración bipolar causal.
6. Dado que non hai máis dúbidas fixaremos a data para a realización do exame de avaliación. Oración bipolar causal
7. A xente segue estando temerosa a pesar de que nos medios de comunicación digan que non hai posibilidade de haber outro terremoto. Oración bipolar concesiva.
8. Moitos veciños desa urbanización que foi asaltada teñen medo, xa que consideran que non están totalmente protexidos. Oración bipolar causal.
9. Os médicos din que a operación saíu ben, non obstante haberá que ser cautelosos e ver como evoluciona o pacente, visto que noutros casos o postoperatorio non foi tan bo. Oración bipolar adversativa que contén na antítese unha oración bipolar causal.
10. Sempre que ela se faga responsable deses cartos os demais podemos estar tranquilos. Oración bipolar condicional
11. Se realmente nos comunicasen se veñen cear, todos estariamos máis tranquilos, xa que sendo así xa o poderiamos encargar todo con antelación. Oración bipolar condiconal que contén no condicionado unha oración bipolar casusal.
12. Malia que había bastante néboa o avión conseguiu aterrar no aeroporto sen maiores complicacións. Oración bipolar concesiva.
13. Pénsao ben, porque aínda que non cho pareza é un investimento de cartos moi importante. Oración bipolar causal que contén na causa unha oración bipolar concesiva.
14. Ese rapaz ten máis capacidades ca Xoán, pero é tan despistado que non as sabe aproveitar. Oración bipolar adversativa que contén na tese unha oración bipolar comparativa e dentro da antítese unha oración bipolar consecutiva.
15. Conseguircho custoume máis do que poidas pensar, así que trátao ben. Oración bipolar consecutiva que contén no antecedente unha oración bipolar comparativa.
16. Non vimos ao concelleiro de urbanismo de modo que non temos o permiso que nos fai falta. Oración bipolar consecutiva.
17. Resulta tan perigoso como calquera outro deporte de risco. Oración bipolar comparativa
18. Esquecemos as chaves do garaxe, daquela non podemos ir no coche. Oración bipolar consecutiva.
19. Quedou tan farto trala comida que durmiu durante toda a tarde. Oración bipolar consecutiva
20. Se queres que cho merque agora dimo, porque teño que coller cartos. Oración bipolar condicional que contén no condo unha oración bipolar causal
21.Ía tandespistado que case cae e tropeza. Oración bipolar consecutiva.
22. Aprobou todo, pero non llo digas porque prefiro que sexa unha sorpresa. Oración bipolar adversativa que contén dentro da antítese unha oración bipolar causal.
23. Como non me deas agora mesmo o libro, dígollo á túa nai, así que ti verás.Oración bipolar condicional que contén unha oración bipolar consecutiva
24. É a ave máis lenta que hai na terra porque só pode sobrevoar medio quilómetro á hora. Oración bipolar comparativa que contén no 2º termo unha oración bipolar causal.
Comentarios (0) - Categoría: EXERCICIOS DE SINTAXE - Publicado o 26-04-2010 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal