PROFESGALEGAS


1. Identifica as oracións bipolares e subliña os nexos que aparecen nelas (26/4/2010)
Ex. Como chegamos tarde, decidimos non entrar na reunión. É unha oración bipolar causal.

1. María tenche máis sentidiño ca ela aínda que non cho pareza.
2. Malia saír elixido delegado non está contento, porque sempre ten que queixarse de todo.
3. Unha alta porcentaxe da poboación sofre esa doenza, sen embargo nunca sae reflectido nas estatísticas.
4. Como non me entreguedes as autorizacións que vos enviamos non iremos de excursión porque sen elas non podemos facer nada.
5. Por moito que che poida parecer unha persoa honrada, non cho é tanto porque mira o que lle fixo a Raquel.
6. Dado que non hai máis dúbidas fixaremos a data para a realización do exame de avaliación.
7. A xente segue estando temerosa, a pesar de que nos medios de comunicación digan que non hai posibilidade de haber outro terremoto.
8. Moitos veciños desa urbanización que foi asaltada teñen medo, xa que consideran que non están totalmente protexidos.
9. Os médicos din que a operación, non obstante haberá que ser cautelosos e ver como evoluciona o pacente, visto que noutros casos o postoperatorio non foi tan bo.
10. Sempre que ela se faga responsable deses cartos os demais podemos estar tranquilos.
11. Se realmente nos comunicasen se veñen cear todos, estariamos máis tranquilos xa que sendo así xa o poderiamos encargar todo con antelación.
12. Malia que había bastante néboa, o avión conseguiu aterrar no aeroporto sen maiores complicacións.
13. Pénsao ben, porque aínda que non cho pareza é un investimento de cartos moi importante.
14. Ese rapaz ten máis capacidades ca Xoán, pero é tan despistado que non as sabe aproveitar.
15. Conseguircho custoume máis do que poidas pensar, así que trátao ben.
16. Non vimos ao concelleiro de urbanismo de modo que non temos o permiso que nos fai falta.
17. Resulta tan perigoso como calquera outro deporte de risco.
18. Esquecemos as chaves do garaxe, daquela non podemos ir no coche.
19. Quedou tan farto trala comida que durmiu durante toda a tarde.
20. Se queres que cho merque agora dimo, porque teño que coller cartos
21. Ía tan despistado que case tropeza e cae.
22. Aprobou todo pero non llo digas, porque prefiro que sexa unha sorpresa
23. Como non me deas agora mesmo o libro, dígollo á túa nai, así que ti verás.
24. É a ave máis lenta que hai na terra porque só pode sobrevoar medio quilómetro á hora.
Categoría: EXERCICIOS DE SINTAXE - Publicado o 26-04-2010 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante".

Ademais de información relacionada coa materia de Lingua e Literatura Galega, vou ir engadindo datos relacionados coas materias de Lingua e Literatura Catelá e de Latín, pois son dúas materias que imparto este curso e como este blog é para min unha ferramenta de traballo, incluirei tamén temas relacionados con estas dúas materias.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal