PROFESGALEGAS


Corrección do outro exercicio de identificación de substantivas (20/4/2010)
1. Creo que pasou a esa hora.F: CD
2. Parece que é importante.F: ATO
3. Trata de arrincalo, Carlos.F: SPTO
4. Teño moitas ganas de verte.F: MOD DE FR. SUBST
5. Quedou canso de tanto traballar.F: MOD DE FR.ADX.
6. Quedamos fartos de oírlle contar sempre o mesmo chiste.F: MOD DE FR.ADX.
7. Estamos pendentes de que nos comuniquen a data do exame.F: MOD DE FR.ADX.
8. Preferimos encargárllelo nós.F: CD
9. Dedidimos ir a ese concerto a última hora.F: CD * Se quixeramos incluír o CCT "a última hora" dentro da substantiva tamén é perfectamente válido
10. Que o consiga agora é moi beneficioso para toda a familia.F: SUX
Categoría: EXERCICIOS DE SINTAXE - Publicado o 20-04-2010 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante".

Ademais de información relacionada coa materia de Lingua e Literatura Galega, vou ir engadindo datos relacionados coas materias de Lingua e Literatura Catelá e de Latín, pois son dúas materias que imparto este curso e como este blog é para min unha ferramenta de traballo, incluirei tamén temas relacionados con estas dúas materias.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal