PROFESGALEGAS


TRABALLO
• Analiza sintacticamente as seguintes oracións bipolares

1. Malia que non lle doía demasiado o xeonllo decidiu ir ao médico porque lle preocupaba bastante saber que podía ter unha lesión.
2. Por difícil que che poida parecer non é así, xa que me dixo ela que xa o fixera antes.
3. Caso de que cambie de opinión, non dubide en comunicarmo aínda que sexa a medianoite.
4. Moitos pensamos que están equivocados se escollen ese camiño, A pesar de que non pensamos dicirllelo
5. Como non traballes máis, acabarás mal ao final do trimestre, porque así non che casan as contas.
6. Como esqueceu as chaves dentro, veu ata a miña casa para que lle deixase outras.
7. Mentres non o saiba, prefiro non dicirche nada, porque así estarás máis tranquila.
8. Se un día me sinto transformado, tomarei un novo rumbo sen prexuízos porque no cambio está a evolución.
Categoría: APUNTAMENTOS DE SINTAXE - Publicado o 12-02-2010 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante".

Ademais de información relacionada coa materia de Lingua e Literatura Galega, vou ir engadindo datos relacionados coas materias de Lingua e Literatura Catelá e de Latín, pois son dúas materias que imparto este curso e como este blog é para min unha ferramenta de traballo, incluirei tamén temas relacionados con estas dúas materias.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal