PROFESGALEGAS


ORACIÓNS BIPOLARES CONSECUTIVAS
Están formadas por dous elementos que reciben os nomes de “antecedente” e “consecuente” e entre os dous establécese unha relación de interdependencia. Se non existise algunha das partes a oración sería totalmente agramatical e carente de sentido e significado.
O nexo de unión é sempre una conxunción ou unha locución conxuntiva das que presentamos a continuación: (así) pois, (así) que, con que, daquela, de aí que, de forma que, de maneira que, de modo que, de xeito que, entón, logo, polo tanto, por conseguinte, por tanto, tan/tanto...que, xa que logo.
Vexamos algúns exemplos:
1. Ía tan despistado pensando nas súas cousas que case tropeza cos peóns.
2. Perdeu as chaves do piso, daquela terá que facer unha nova copia delas.
3. Conseguiron xuntar todas as probas, por conseguinte xulgarán ao culpable.
4. É tan despistado que o perde todo.
5. Quedou totalmente durmido, de aí que non sentise soar o espertador.
6. Non estás a facer nada, de modo que empeza a traballar xa.
7. Custoulle tanto chegar á meta que case non o conta.
Categoría: APUNTAMENTOS DE SINTAXE - Publicado o 12-02-2010 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante".

Ademais de información relacionada coa materia de Lingua e Literatura Galega, vou ir engadindo datos relacionados coas materias de Lingua e Literatura Catelá e de Latín, pois son dúas materias que imparto este curso e como este blog é para min unha ferramenta de traballo, incluirei tamén temas relacionados con estas dúas materias.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal