PROFESGALEGAS


ORACIÓNS BIPOLARES ADVERSATIVAS
Están formadas por dous elementos que reciben os nomes de “antítese” e “tese” e entre os dous establécese unha relación de interdependencia.
Ás veces tendemos a confundilas coas oracións bipolares concesivas, porque o nome de cada unha das funcións é o mesmo. Sen embargo, o nexo neste tipo de oracións bipolares adversativas adoita ir colocado no medio da oración. Esta será –xunto coa identificación da conxunción ou locución conxuntiva adversativa - a característica que nos axude a recoñecer a adversativa.
O nexo de unión é sempre una conxunción ou unha locución conxuntiva das que presentamos a continuación: pero, mais, aínda que, inda que, anque, non obstante, sen embargo, nembargantes, senón, con todo, así e todo, así a todo, por iso, emporiso, e iso que, agora que, ora que, agora ben, ora ben, senón que, fóra de que, só que, sacado que, sacando que, menos que, a menos que, excepto que, agás que, bardante(s) que.
Vexamos algúns exemplos:
1. Dixéronllo onte, sen embargo parece que non lle afectou demasiado.
2. Gústalle moito xogar no ordenador, pero ten que entender que é necesario un control.
3. O controlador non che vén instalalo, senón que tes que configuralo ti.
Categoría: APUNTAMENTOS DE SINTAXE - Publicado o 12-02-2010 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante".

Ademais de información relacionada coa materia de Lingua e Literatura Galega, vou ir engadindo datos relacionados coas materias de Lingua e Literatura Catelá e de Latín, pois son dúas materias que imparto este curso e como este blog é para min unha ferramenta de traballo, incluirei tamén temas relacionados con estas dúas materias.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal