PROFESGALEGAS


AS ORACIÓNS BIPOLARES CONDICIONAIS
Están formadas por dous elementos que reciben os nomes de “condicionante” e “condicionado” e entre os dous establécese, coma no caso de toda oración bipolar, unha relación de interdependencia.
O nexo de unión é sempre una conxunción ou unha locución conxuntiva das que presentamos a continuación:
a menos que, a nada que, catar que, con se, quitando que, quitando se, a non ser que, a pouco que, agás que, agás se, bardante que, cando, caso de que, con que, con tal de que, con tal que, de non ser que, en caso de que, excepto que, excepto se, onda non, quitado que, quitado se, sacado que, sacado se, sacando que, sacando se, salvo que, salvo se, se, sempre que, senón que.

A orde de colocación de cada unha das funcións vén dada pola presenza do nexo na oración.
Exemplos:
1. Como non me deas unha contestación firme mañá, anúloche a reserva.
2. Non ten solución, a menos que intente cambiar de actitude.
3. En caso de que teñas algunha dúbida co programa que vés de instalar, non dubides en comunicarma.
4. Se decides apuntarte a ese curso, dimo para solicitarche a preinscrición.
5. Sempre que lles comuniquen con antelación a anulación do billete, non han ter problema coa compañía aérea.






Categoría: APUNTAMENTOS DE SINTAXE - Publicado o 21-01-2010 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante".

Ademais de información relacionada coa materia de Lingua e Literatura Galega, vou ir engadindo datos relacionados coas materias de Lingua e Literatura Catelá e de Latín, pois son dúas materias que imparto este curso e como este blog é para min unha ferramenta de traballo, incluirei tamén temas relacionados con estas dúas materias.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal