PROFESGALEGAS


A ALTERNANCIA VOCÁLICA
A ALTERNANCIA VOCÁLICA NOS VERBOS DA 3ª CONXUGACIÓN -IR.
Vogal tónica -I:

ADVIRTO
ADVIRTES
ADVIRTE
ADVERTIMOS
ADVERTIDES
ADVIRTEN

Conxúganse como ADVERTIR: ADHERIR, DIVERTIR, AGREDIR, TRANSGREDIR, CONFERIR, DIFERIR, INFERIR, PREFERIR, PROFERIR, REFERIR, TRANSFERIR, COMPETIR, REPETIR, CONCERNIR, DISCERNIR, ESPIR, DIXERIR, INXERIR, SUXERIR, INSERIR, MEDIR, PEDIR, (e derivados) VESTIR, INVESTIR, REVESTIR.



Verbos con alternancia -I/-E na vogal temática

Só se presenta a alternancia vocálica nas 2ª e 3ª persoas do singular e na 3ª persoa do plural do presente de indicativo, é dicir:
SIRVO
SERVES
SERVE
SERVIMOS
SERVIDES
SERVEN
Conxúganse como SERVIR: SEGUIR, FERIR, MENTIR, SENTIR e mailos seus derivados (Téñase en conta que CONFERIR, DIFERIR, INTERFERIR E REFERIR non son derivados de FERIR e que polo tanto se conxugan como ADVERTIR).

Verbos que presentan alternancia -U/-O na vogal temática

Só se presenta a alternancia vocálica nas 2ª e 3ª persoas do singular e na 3ª persoa do plural do presente de indicativo, é dicir:

CUBRO
COBRES
COBRE
CUBRIMOS
CUBRIDES
COBREN
Conxúganse como CUBRIR, (amais dos seus derivados DESCUBRIR, ENCUBRIR, RECUBRIR BULIR, REBULIR, OS REMATADOS EN -CUDIR (SACUDIR, ACUDIR), CUMPRIR ("facer falta"), CUSPIR, DURMIR, ENGULIR, FUXIR, LUCIR e derivados (TRANSLUCIR, RELUCIR, etc),MUXIR, PRUÍR, RUXIR, SUBIR, SUFRIR, SUMIR, TUSIR, URDIR, XUNGIR

LISTADO DE VERBOS DA 2ª CONXUGACIÓN

• BATER REBATER, EMBATER, ABATER, COMBATER
• CAER ACAER, DECAER, RECAER.
• CORRER ACORRER, CONCORRER, DECORRER, DISCORRER, ESCORRER, INCORRER, RECORRER, OCORRER, SOCORRER, TRANSCORRER.
• DERRETER
• ENCHER
• ERGUER
• ESPAREXER
• FENDER
• FERVER
• REXER
• RENDER
• ROMPER, CORROMPER, INTERRROMPER, IRROMPER, PRORROMPER.
• TRAER, ABSTRAER, DISTRAER, EXTRAER, SUBSTRAER.
• TOLLER
• VERTER, CONVERTER, INVERTER, REVERTER, PERVERTER, SUBVERTER.
• XEMER

VERBOS DA 3ª CONXUGACIÓN

CORRIXIR, DICIR, BENDICIR, MALDICIR, CONTRADICIR, DESDICIR, PREDICIR, ELIXIR, REELIXIR, ESCRIBIR, ADSCRIBIR, CIRCUNSCRIBIR, INSCRIBIR, PRESCRIBIR, RESCRIBIR, REMITIR, REQUIRIR, CONCIBIR, PRECONCEBIR, APERCIBIR, DESAPERCIBIR, RECIBIR.
Mantéñense como vacilantes: DEMOLER-DEMOLIR, CONVERXER-CONVERXIR, DIVERXER-DIVERXIR, EMERXER-EMERXIR.

Comentarios (1) - Categoría: MORFOLOXÍA - Publicado o 01-10-2009 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Non entendo como a vogal tematica pode ser u/o, xa que segundo o que aprendín, a vogal temática mostra a pertenza do verbo a unha das tres conxugacións verbais. A altern#blgtk08#ancia de o/u nos verbos que siguen o modelos de "cubrir" ou de i/e nos que siguen o modelo "seguir", ocorre no lexema, entón non entendo como pode ser vogal temática...
Comentario por sara (01-02-2012 13:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante".

Ademais de información relacionada coa materia de Lingua e Literatura Galega, vou ir engadindo datos relacionados coas materias de Lingua e Literatura Catelá e de Latín, pois son dúas materias que imparto este curso e como este blog é para min unha ferramenta de traballo, incluirei tamén temas relacionados con estas dúas materias.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal