PROFESGALEGAS


FORMACIÓN DO GRAO COMPARATIVO
FORMACIÓN
 O comparativo de superioridade fórmase con: MÁIS... QUE/CA/DO QUE:
É MÁIS intelixente que o meu.
Luís ten MÁIS traballo CA min.
Veu MÁIS cedo DO QUE pensabas.
 O comparativo de igualdade fórmase con: TAN/TANTO... COMO/COMA. Tamén se pode formar utilizando simplemtente COMO:
Este rapaz é TAN loiro COMO aquel
Aquela nena ten TANTAS bonecas COMA ti.
 O comparativo de inferioridade fórmase con: MENOS...QUE/CA /DO QUE:
Teño MENOS cartos QUE o teu pai.
Estarei MENOS tempo CA ti, en Ourense.
Esa película é MENOS interesante DO QUE me
Dixeches
DISTRIBUCIÓN
 Cando o segundo termo da comparación é un pronome persoal (min, ti, el, nós...) é obrigado a utilización das formas CA e COMA:
Fareino en MENOS tempo CA ti.
Fala COMA min.
 Cando o segundo termo da comparación é un verbo, é obrigada a utilización das formas comparativas DO QUE e COMO:
É mellor DO QUE pensabas, e non é TAN alto COMO dicías.
 Nos demais casos a elección entre QUE/CA; COMO/COMA é optativa:
A laranxa é máis doce QUE o limón/ CÓ limón
Ese neno ten tantos anos COMO/COMA Miguel
Comentarios (0) - Categoría: MORFOLOXÍA - Publicado o 01-10-2009 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante".

Ademais de información relacionada coa materia de Lingua e Literatura Galega, vou ir engadindo datos relacionados coas materias de Lingua e Literatura Catelá e de Latín, pois son dúas materias que imparto este curso e como este blog é para min unha ferramenta de traballo, incluirei tamén temas relacionados con estas dúas materias.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

© by Abertal