|
|
|
O INFINITIVO CONXUGADO |
|
EMPREGO DO INFINITIVO CONXUGADO
O infinitivo conxugado é obrigatorio cando:
? O infinitivo ten suxeito distinto ó do verbo principal:
Xa me estrañaba non viren teus irmáns á festa.
? O suxeito sendo distinto ó do verbo principal, non está expreso e convén marcalo para evitar ambigüidade:
Sería mellor marcharmos desta cidade canto antes
Por cumprires todo o prometido, es ben merecente dunha recompensa
Para chegardes a Lugo antes da noite tendes que saír agora.
? En construcións reflexivas e con verbos pronominais:
Puxemos o espertador para erguérmonos cedo.
NON EMPREGO DO INFINITIVO CONXUGADO
? Cando é perífrase:
Temos que facer o xantar.
? Cando vai rexido por un verbo modal (QUERER, PODER, DEBER)
Queredes repartir o papel?
? Cando o infinitivo está rexido por un verbo causativo (MANDAR, FACER, DEIXAR, PERMITIR e sinónimos) e vén inmediatamente despois del, ou separado del soamente polo seu suxeito, se este está expresado por un pronome átono.
Deixas pasar as horas e non dás feito nada.
Ninguén o ve traballar en todo o día.
Sentinvos falar ata as cinco da mañá.
? Con verbos de movemento en construccións que teñen un valor de finalidade:
Vimos recoller o lixo.
? En xeral, cando o infinitivo ten o mesmo suxeito que o do verbo do que depende, e se atopa separado del por unha preposición esixida polo réxime do verbo.
Non vos esquezades de pechar ben as billas.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|
Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura |
|
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante".
Ademais de información relacionada coa materia de Lingua e Literatura Galega, vou ir engadindo datos relacionados coas materias de Lingua e Literatura Catelá e de Latín, pois son dúas materias que imparto este curso e como este blog é para min unha ferramenta de traballo, incluirei tamén temas relacionados con estas dúas materias. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|