PROFESGALEGAS


Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante".

Ademais de información relacionada coa materia de Lingua e Literatura Galega, vou ir engadindo datos relacionados coas materias de Lingua e Literatura Catelá e de Latín, pois son dúas materias que imparto este curso e como este blog é para min unha ferramenta de traballo, incluirei tamén temas relacionados con estas dúas materias.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OS SUBSTANTIVOS INVARIABLES E A FORMACIÓN DO FEMININO
FORMACIÓN DO FEMININO
• Polo xeral, os nomes rematados en –o son masculinos e os rematados en –a son femininos, aínda que hai excepcións: a radio, o profeta.
No que respecta ó galego hai unha serie de substantivos que, en ocasións, ven alterado o seu xénero por influencia do castelán. Por iso cómpre ter en conta o seguinte:
- Son masculinos:
O cal o legume o diadema o berce o leite o costume o sangue
o cume o ubre o cárcere o cuspe o mel o riso o coral
o sorriso o labor o vexame o fel o dote o lume o nariz
o sinal o fantasma (a pantasma) o testemuño .
Os nomes das letras: o be, o ce...
- Son femininos:
1. Os substantivos rematados en –axe: a carraxe, a paisaxe, a viaxe, a peaxe. Excepto: o traxe, o garaxe, o paxe; o/a personaxe.
2. As palabras cultas de orixe grega que rematan en –se, -te: a análise, a paréntese, a crise, a hepatite, a diabete, a paralise.
3. Tamén son femininos os seguintes nomes:
A árbore a ponte a orixe a reuma a asma a auga a cal
A orde a calor a atenuente a cor/color a fin a sentinela a agravante
A testemuña a arte a síndrome a fronte a suor.
4. Son femininos os nomes das árbores froiteiras e tamén o dos seus froitos:
A maceira-a mazá, a laranxeira-a laranxa, a pereira-a pera, a ameixeira-a ameixa.
- Cando o nome da árbore é masculino o do froito tamén o é:
O limoeiro-o limón, o pexegueiro-o pexego.
- Sen embargo, o castiñeiro-a castaña, o piñeiro-a piña, a figueira-o figo, o carballo- a landra.
Formación d feminino no substantivo e no adxectivo.
1. Os nomes sexuados rematados en –o cambian a vocal polo morfema –a: neno-nena, fillo-filla.
2. Os nomes masculinos rematados en –e e algúns en –a, xeralmente forman o seu feminino cos morfemas –esa e –isa: abade-abadesa, sacerdote-sacerdotisa.
3. Hai nomes sexuados que ó cambia-lo xénero cambian tamén a raíz (os chamados “heterónimos”): o pai-a nai, o home-a muller, o boi-a vaca, o cabalo-a égua

4. Os masculinos rematados en –n poden face-lo feminino de varias formas:
a) Os rematados en –án fan o feminino en –á (cast –ano/-ana) ou en –ana:
Aldeán.-aldeá alemán-alemana
Castelán-castelá musulmán-musulmana
Irmán-irmá lacazán-lacazana.
b) As palabras rematadas en –ón no masculino fan o feminino en –ona/-oa:
O ladrón-a ladroa/a ladrona (tamén a ladra)
O patrón-a patroa/ a patrona.
c) Algúns dos rematados en –ón forman o feminino en -esa:
O barón-a baronesa.
5. Os rematados en –ano forman o feminino substituíndo o morfema do masculino –o polo de feminino –a:
Humano-humana, urbano-urbana, paisano-paisana.
6. Os epicenos son os nomes de animais que non varían, ós que se lle pon “macho/femia”: a formiga macho/a formiga femia.

Comentarios (0) - Categoría: MORFOLOXÍA - Publicado o 01-10-2009 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal