Genially que contén algúns aspectos biográficos salientables da vida de Rosalía de Castro, tamén se fala das súas obras máis salientables e finalmente fixemos un comentario do poema titulado "Tecín soia a miña tea".
Rutina de pensamento baseada no compara e contrasta para ver as semellanzas e diferenzas existentes entre dous tipos de cantigas pertencentes á lírica profana: a cantiga de amor fronte á de escarnio e maldicir.
Rutina de pensamento baseada no compara e contrasta de dous tipos de composicións poéticas características da lírica profana medieval: a cantiga de amigo e a cantiga de amor.
Neste espazo deixaremos pegadas sobre aspectos lingüísticos e literarios da nosa cultura
Benvid@s ao noso blog. Nel atoparedes, tal e como vedes, aspectos relativos ao noso idioma, tanto desde a perspectiva lingüística, como sociolingüística e literaria. Contamos coa vosa colaboración para que isto vaia "pra diante".
Ademais de información relacionada coa materia de Lingua e Literatura Galega, vou ir engadindo datos relacionados coas materias de Lingua e Literatura Catelá e de Latín, pois son dúas materias que imparto este curso e como este blog é para min unha ferramenta de traballo, incluirei tamén temas relacionados con estas dúas materias.