|
|
|
Riscos laborais |
|
Imos ver quen atopa as diferencias en canto a prevención de riscos laborais se refire. Evidentemente eran outros tempos ...
|
|
|
|
Recordos |
|
VTS_01_1 por forxaferreiro |
|
|
|
A DANZA DA NOSA SRA. DO ROSARIO EMPEZA A TER COR NAS FOTOS |
|

Outra foto que ven a nós dende un pasado, que neste caso non é moi lonxano. Os protagonistas da imaxe son protagonistas sen sabelo das primeiras fotografías en cor. As garabatas dos danzantes formaban parte da vestimenta masculina, mentres que as saias acurtaban a súa lonxitude, correspondendo así as tendencias da moda téxtil da época.
|
|
|
|
NOVAS DENDE MADRID DE PRADO DA CANDA 1884 |
|
Aquí temos un interesante documento. É a copia dun xornal publicado en Madrid no ano 1884. Na segunda columna buscando “Han fallecido” atopamos unha referencia a nosa aldea, onde podemos ler “en Santiago de Prado da Canda el abad párroco D. Joaquin Estevez Méndez”. Curioso dato que nos chega dende o pasado, según parece os abades falecían nas parroquias nas que exercían o seu ministerio.
parroco_1884.pdf by Anonymous d179WUXfAk |
|
|
|
O TEMPO PASA PRA TODOS |
|
Unha nova foto en cor da danza da nosa aldea. A imaxe xa ten uns aniños e podemos ver como o paso dos anos foi mudando o aspecto dalgunhas persoas aquí retratadas. Seguro que podemos identificalas a todas sen moito esforzo.
|
|
|
|
|
|
|