A pintura e a fotografía únense nunha interesante exposición.
Alba Castillo deixaranos ver a súa arte nunha exposición organizada polo Arquivo de Imaxes de Prado da Canda. As pinturas de Alba acompañarán as antigas fotografías no Centro Socio Cultural de Prado da Canda. Alba leva xa algúns anos facendo realidade, plasmada nun cadro ou noutros soportes a súa imaxinación, que non deixa indiferente a ninguén. Deixamos un cartel cos horarios.
A Virxe do Rosario, protagoniza os actos relixiosos de Prado da Canda.
A parroquia da nosa aldea preparou unha axenda con diversos actos relixiosos. Tal vez o mais importante, sexa a misa solemne das doce do medio día, do domingo, cinco de outubro. As procesións dos días catro e cinco serán acompañadas polos Folieiros, que levan algúns anos acudindo a esta cita. Deixamos un cartel para consultar os horarios dos actos relixiosos.
A Comisión de Festas da nosa Sra. do Rosario ultima os preparativos, coa finalidade de que a verbena sexa o mais agradable posible. Os días catro e cinco de outubro, e dicir o primeiro sábado e domingo a nosa aldea vivirá dúas xornadas intensas de festa. Os danzantes volverán a executar os vellos pasos da danza, acompañando á procesión. Aquí deixamos o cartel coa programación que preparou a comisión de festas para este ano.
Un ano mais, os dias seis, sete e oito de setembro celebrase na Franqueira a Romaría na honra da Virxe da Fonte, mais coñecida, tal vez, como Virxe da Franqueira. O Santuario ofrece nestas datas tan intensas unha abondosa axenda de actos, maioritariamente de contido litúrxico. Moitos son os romeiros que acoden a esta cita anual, ben a cumprir promesas ou ben pedir a intercesión da Virxe para satisfacer os novos favores solicitados. Aquí deixamos o enlace cunha paxina web con mais información detallada, pulsar aquí ...