Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

EXPOSICIÓN DO SANTUARIO DA FRANQUEIRA EN VIGO
Dentro do marco das celebracións do Ano Xubilar da Franqueira, preparouse con esforzo e cariño esta exposición.


Nestes dias inaugurase, na Casa das Artes de Vigo, unha exposición do Santuario da Franqueira. Con motivo da celebración dos cincuenta anos da coroación da imaxe da Virxe da Franqueira, celebrase esta interesante exposición. Os visitantes temos a oportunidade de ver trazos da historia do Santuario ao longo do tempo. Fotografías antigas e mais actuais comparten espacio con diversas pezas, que veñen a dar creto da fe vivida co paso dos anos. Para saber mais ...









Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-09-2013 12:43
FESTA EN PRADO DA CANDA
A Danza de Prado da Canda comezou os ensaios da tradicional coreografía.

As castañolas volven a resoar en Prado da Canda. O seu peculiar son a estas alturas do ano, fainos recordar a proximidade do mes de outubro. Como sempre neste mes en Prado da Cada celebramos a festividade da Nosa Sra. do Rosario. A Danza de Prado da Canda, comezou un ano mais a ensaiar os pasos e movementos que dende tempo atrás, execútanse ano tras ano na nosa aldea. Xeración tras xeración estes pasos chegaron a nós, ao amparo da nosa festa. Aquí deixamos o programa da verbena deste ano.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-09-2013 16:03
SABIAS QUE ...


Celebrouse esta fin de semana, unha xornada moi importante na axenda do Santuario da Franqueira. A Romaría da Franqueira é un día especialmente marcado no calendario de moitos fieis, que acoden a cumprir con promesas realizadas, ou ben a pedir a intercesión da Virxe da Franqueira. O edificio do Santuario, onde se realizan as misas ao longo da xornada, é mudo testemuña destes dias de festa e paixón relixiosa. En tempos moi lonxevos, era unha capela a que na súa humilde factoría acollía aos fieis primixenios. Podemos ver, si prestamos atención, restos desta capela, que forman parte do valado perimétrico do vello cemiterio da Franqueira. Aquí deixamos unha pequena reportaxe fotográfica, podemos observar as antigas portas, que foron tapiadas, e tamén restos de cantería.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 11-09-2013 15:57
PRADO DA CANDA DEFINE AS PRIORIDADES DOS TRABALLOS NO MONTE COMUNAL
Os comuneiros aproban o plan de traballo para o período do 2013 – 2014.

A Asemblea Xeral da Comunidade de Montes aprobou a xestión, e mais deu o visto bo para que a Xunta Reitora siga a realizar as xestións necesarias para a conservación, e mais a posta en valor do patrimonio forestal e etnográfico do monte comunal. Os comuneiros asistentes realizaron diversas preguntas en relación co estado de conservación das pistas e mais da posibilidade de limpar e podar a plantación do Río Azal. A Xunta Reitora deu conta das xestións realizadas, coa finalidade de buscar a satisfacción das demandes plantexadas polos comuneiros.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 05-09-2013 12:13
© by Abertal