Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A AVV SANTIAGO DE PRADO DA CANDA COMEZA COS PREPARATIVOS DA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
O Arquivo de Imaxes da AVV Santiago de Prado da Canda mostra unha parte dos seus fondos de imaxes e dá a coñecer o traballo do fotografo Julio Eiroa.

O Arquivo de Imaxes da Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda, organiza unha exposición fotográfica, onde se fai publico as novas imaxes doadas pola veciñanza. As estampas fotográficas contan xa cunha relativa antiguedade, algunhas son de mediados do século pasado. Así mesmo aproveitase a ocasión para dar a coñecer o interesante traballo de Julio Eiroa. Julio é veciño da parroquia covelense de A Lamosa. Biólogo e fotografo afecionado, ganou varios premios de fotografía, entre eles cumpre salientar o primeiro premio de sostenibilidade de Covelo do ano 2008, tamén do mesmo ano ten o primeiro premio de fotografía de natureza, no 2010 consegue o premio de fotografía de flora e fauna no Concello de Mos. O traballo de Julio Eiroa esta dirixido á fotografía de natureza abarcando os eidos do paisaxismo, flora e fauna, sendo a ornitoloxía a súa maior preferencia. Ten publicado as súa imaxes en diversas publicacións especializadas. A Asociación de Veciños vén expoñendo parte de seu arquivo dende fai xa algúns anos, esta actividade xa consolidada, conta este ano coa novidade de poder dar a coñecer a interesante labor creativa de Julio Eiroa.
A Casa da Cultura de Prado da Canda albergará as dúas exposicions, ocupando ámbolos dous andares cos que conta o edificio, aquí deixamos o cartace anunciador do acontecemento.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 29-09-2012 20:06
COMEZAN OS ENSAIOS DA DANZA DE PRADO DA CANDA

A ilusión anima a mocidade a seguir executando os pasos ancestrais da nosa danza.


Mozos e mozas da aldea comezaron a ensaiar a Danza de Prado da Canda. Dende non se sabe cando esta danza é interpretada ano tras ano. Moitos veciños pasaron a formar parte desta cadea e transmitiron a testemuña ás seguintes xeracións. Sómente dous acontecementos sanguinolentos foron quen de paralizar a Danza de Prado da Canda, a guerra civil e a non menos sangría que significou a emigración da xuventude na nosa terra.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-09-2012 23:11
PROGRAMA DAS FESTAS DE PRADO DA CANDA


A Comisión de Festas organiza unha verbena con grande esforzo.


Cumprindo coa cita anual, aquí temos o programa das festas na honra da Nosa Sra. do Rosario. Os días seis e sete de outubro, sábado e domingo respectivamente a nosa aldea acollerá a todo aquel que decida pasar unha noite de festa ou ben acudir aos actos relixiosos, tendo a misa solemne ás doce do mediodía do domingo. A Danza de Prado da Canda volverá a ser interpretada polos mozos e mozas do lugar, despois das procesións do sábado e do domingo.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-09-2012 21:55
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA NA FESTA DA NOSA SRA. DO ROSARIO

O colectivo veciñal de Prado da Canda quere dotar de contido cultural á nosa festa.







O Arquivo de Imaxes da Asociación de Veciños da nosa aldea, prepara unha exposición fotográfica para a festa da nosa Sra. do Rosario. Como vén sendo costume nos últimos anos, o Arquivo de Imaxes vai facer publico unha pequena escolla das fotografías pertencentes ao arquivo dixital da Asociación de Veciños. Este ano a exposición conta coa novidade da participación dun reputado fotografo de natureza, que dará a coñecer o seu traballo, de momento non transcenderon mais detalles deste ultimo punto.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-09-2012 16:29
LIMPEZA DA MALEZA EN PRADO DA CANDA

A Asociación de Veciños da nosa aldea limpa a Regia da Veria e mais a Fonte da Prata.

Dúas mozas afoutas limparon a Regia da Veria e mais a Fonte da Prata. Armadas con cada súa maquina desbrozadora e con altas doses de paciencia, dedicaron o seu tempo a limpar un espazo de todos nós. Nin as silveiras nin os toxos foron quen de botar abaixo o animo destas dúas mulleres. Ámbalas dúas mozas en cuestión son a presidenta e mais unha vocal da executiva da Asociación de Veciños de Prado da Canda.
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-09-2012 00:28
O MOURO E O CRISTIÁN NA FRANQUEIRA


O santuario ten todo preparado para celebrar a romaría da Franqueira.



Unha vez mais o mouro e o cristián sacarán a relucir os fíos das súas espadas. Os fieis que acudan á Franqueira volverán a ver un ano mais a derrota do infiel mouro. A virxe trasladada no carro dará testemuña deste encontro como un acto mais de fe. Aquí deixamos unha reportaxe fotográfica.




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 05-09-2012 18:41
ROMARÍA DA NOSA SRA. DO LIBRAMENTO NA LAMOSA

Fieis da Comarca acoden a esta cita relixiosa, agradecendo favores recibidos ou pedindo a intercesión da Virxe María.


O Domingo día oito de setembro, a parroquia covelense da Lamosa celebra a romaría da Nosa Sra. do Libramento. Os actos relixiosos celébranse ao longo da semana, tendo a misa solemne ás 12:00 horas do día oito do presente.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-09-2012 15:26
© by Abertal