|
|
|
INTERESANTE EXPOSICIÓN EN SANTIAGO |
|
Ata o día 30 de setembro estará no Parador Hostal dos Reis Católicos de Compostela a exposición "Conchas Peregrinas. Miradas diferentes", un traballo conxunto con fotografías de Riobó Prada, na imaxe, e o pintor Manuel Blanco. Aínda non está confirmado que vaia a visitar outras cidades. Interesante exposición a visitar facendo un paseo por Santiago de Compostela. Para saber mais
|
|
|
|
FALTA DE ELECTRICIDADE NO CENTRO SOCIO CULTURAL DE PRADO DA CANDA |
|
A Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda, ven de presentar un escrito no Concello de Covelo. O colectivo veciñal solicita a través de este escrito, a restauración do servicio eléctrico no Centro Socio Cultural de Prado da Canda. O edificio contaba con subministro eléctrico, pero dende fai algún tempo , descoñecendo os motivos, este servicio deixou de funcionar. A ultima Asemblea Xeral da Comunidade de Montes de Prado da Canda realizouse sen contar con electricidade no edificio. O colectivo veciñal de Prado da Canda conta que en breve se repare esta eiva, dado que a falta de electricidade dificulta, sobre todo no inverno, a realización de actividades no Centro Socio Cultural de Prado da Canda.
|
|
|
|
FESTA DE PEÑA DE FRANCIA EN SANTIAGO DE PARADA |
|
Uns amigos de Santiago de Parada, no concello de A Cañiza, fan chegar un cartace onde anuncian festas de Peña de Francia.As festas serán os días 20 e 21 de Setembro. O recinto da festa estará cuberto por unha gran carpa.
|
|
|
|
POLICÍA LOCAL DE A CAÑIZA NO MUNICIPIO DE COVELO |
|
Unha patrulla da Policía Local do Concello de A Cañiza, regula a presencia de gando ceibe na estrada nacional 120, ao seu paso polo municipio de Covelo. O martes día 6 pola tarde, dous axentes da policía local do Concello de A Cañiza liberaban a estrada da presencia de cabalos que ocupaban a calzada. Os axentes da Policía Local da Cañiza recoñecían a este medio que estaban dentro dos limites do municipio de Covelo, cousa que non semellaba preocuparlles dado que o Concello de Covelo non conta a día de hoxe con axente da Policía Local.
|
|
|
|
ROMARÍA NO SANTUARIO DA FRANQUEIRA |
|
O xoves día 8 de setembro, celebrase a natividade da Virxe María, o Santuario da Franqueira prepara xa os actos da Romaría da Nosa Sra. da Franqueira. Como ven sendo costume o día 8 haberá misas dende as 7 da maña, e unha misa cada hora, ás 12 a eucaristía será celebrada polo señor bispo da diocese de Tui ? Vigo, D. Luís Quinteiro Fiúza. Aquí deixamos un enlace co cartel das celebracións.
|
|
|
|