Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XORNADA DE PORTAS ABERTAS
A Executiva da Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda, abrirá o próximo Sábado dia 11 de Setembro, as portas do Centro Socio Cultural de Prado da Canda. Ás 17:00 horas abriranse as portas para que tódolos veciños e veciñas que o decidan podan visitar o novo Centro Socio Cultural.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-09-2010 12:47
REMATE DAS FESTAS DO XAMÓN DA CANIZA
Un ano mais a carballeira do Cacharado foi testemuña do remate das festas na Caniza. Os veciños e veciñas alí presentes desfrutaron dunha boa tarde de verán. Atrás queda a conmoción provocada pola atraco e tráxica morte do Garda Civil Miguel Jorge Piñeiro Lorenzo. A musica tradicional foi quen de animar aos presentes, que tentaron pasar unha boa tarde. Esta festa é a que se celebra ao remate das festas do Xamón, ten carácter mais veciñal, dado que esta enfocada ás familias, que pasan uns días na Caniza no período vacacional. Aquí temos un vídeo …



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 01-09-2010 22:57
A EXECUTIVA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS REÚNESE ESTE SÁBADO
Este Sábado pola tarde reúnese a executiva da AVV Santiago de Prado da Canda. No orde do día destaca a preparación da vindeira Asemblea Xeral. A elaboracion da proposta do Plan de traballo para o 2011 será un tema de moito interese. A Asociación de Veciños enfrontase no vindeiro exercicio a varios retos, a xestión do Centro Socio Cultural é un deles.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 01-09-2010 22:00
[1] [2] 3
© by Abertal