Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VECIÑOS DE PRADO DA CANDA VISITAN O CENTRO SOCIO CULTURAL
A Asociación de Veciños de Prado da Canda, ven de celebrar unha xornada de portas abertas, do novo centro socio cultural. Os veciños e veciñas que se acercaron á nova edificación puideron ver as distintas dependencias. Os mais curiosos quedaron, en termos xerais satisfeitos coa obra realizada. A curiosidade da veciñanza centrouse en saber cando se vai a por en funcionamento, coa finalidade de utilizala en breve.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 15-09-2010 10:49
O CONCELLO PECHA O PERÍMETRO DO TORREIRO DO CENTRO SOCIO CULTURAL
O Concello de Covelo, esta pechando con vallas de madeira o perímetro do novo torreiro do centro socio cultural. Coa proximidade da festa na honra da Nosa Sra. do Rosario, onde a verbena se celebrará no torreiro do centro socio cultural, o Concello quere garantir a seguridade do publico que se acerque á berbena. As vallas estanse a colocar para impedir a caída acidental de calquera persoa. Retirouse terra sobrante do torreiro, dado que presentaba un forte desnivel. Na entrada principal do centro socio cultural se instalará unha rampa de aceso, así como tamén una nova escaleira.







Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 14-09-2010 16:52
A FESTA DA NOSA SRA. DO ROSARIO XA ESTA AQUÍ
Un ano mais volve a festa na honra da Nosa Sra. Do Rosario de Prado da Canda. A Comisión de festas xa leva tempo traballando para organizar e poñer todo a punto para a festa. Un ano mais os mozos e mozas da nosa aldea se preparan para interpretar a danza de Prado da Canda.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-09-2010 16:22
REMATAN OS TRABALLOS NA FONTE DA ALDEA DE ARRIBA
A Executiva reunida o pasado Sábado, 4 de Setembro, deu por finalizados os traballos de acondicionamento da Fonte da Aldea de Arriba. Os traballos centráronse no exterior da Fonte, principalmente no cambio de revestimento, que antes era de azulexo e agora é de pedra do pais, instalouse unha reixa, que permite darlle saída a auga sobrante. No interior tamén cumpre facer estes traballos, a Executiva vai incluír unha proposta no Plan de Traballo para o 2011 que contemple esta posibilidade.





Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-09-2010 13:51
A EXECUTIVA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS PREPARA A ASEMBLEA XERAL
A Executiva prepara a Asemblea Xeral que probablemente se celebre a finais de Novembro. O Plan de traballo para o 2011 e o orzamento serán sometidos ao debate e aprobación, se procede, por parte dos socios e socias. A Executiva fai un balance positivo, en termos xerais, do ano en curso. O acondicionamento da Fonte da Aldea de Arriba, o remate do Centro Socio Cultural, e as actividades realizadas fan posible esta valoración.

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-09-2010 12:56
[1] 2 [3]
© by Abertal