|
|
|
REMATAN OS TRABALLOS NO CENTRO SOCIO CULTURAL |
|
O Concello de Covelo remata os traballos do peche do perímetro do Centro Socio Cultural de Prado da Canda. O formigón xa forma parte do novo torreiro, así mesmo pechouse xa todo o perímetro, coa finalidade de dar seguridade ás persoas que disfruten do torreiro, evitando caídas polos desniveles do terreo.
|
|
|
|
DESAPARECEN AS CANCELAS DO PASTIZAL |
|
As cancelas que pechaban e daban seguridade ao pastizal de Prado da Canda desapareceron. Agora o peche do pastizal é pouco menos que inútil. A irresponsabilidade na que incurriu a persoa ou persoas que se fixeron donos das cancelas é total. A Xunta Rectora lamenta este tipo de actos, que só poden conducir ás persoas que hoxe teñen a responsabilidade de dirixir a Comunidade de Montes, a caer no desanimo de seguir a traballar polo ben común, unha vez visto este lamentable resultado.
|
|
|
|
EXPOSICIÓN DE FOTOS ANTIGAS EN PRADO DA CANDA |
|
 A Asociación de Veciños a través do seu arquivo de imaxes, prepara unha exposición de imaxes antigas. A exposición terá lugar os días dous e tres de outubro, coincidindo coa festa da Nosa Sra. do Rosario. A Casa da Obra na Aldea de Abaixo acollerá a exposición. Os bailadores e bailadoras da danza que se realiza na festa serán os protagonistas das imaxes expostas, veremos ás persoas que precederon aos actuais danzantes, tamén verán a luz outras fotos, que seguro serán do interese do publico.
|
|
|
|
VECIÑOS DE PRADO DA CANDA VISITAN O CENTRO SOCIO CULTURAL |
|
A Asociación de Veciños de Prado da Canda, ven de celebrar unha xornada de portas abertas, do novo centro socio cultural. Os veciños e veciñas que se acercaron á nova edificación puideron ver as distintas dependencias. Os mais curiosos quedaron, en termos xerais satisfeitos coa obra realizada. A curiosidade da veciñanza centrouse en saber cando se vai a por en funcionamento, coa finalidade de utilizala en breve.
|
|
|
|
A FESTA DA NOSA SRA. DO ROSARIO XA ESTA AQUÍ |
|
Un ano mais volve a festa na honra da Nosa Sra. Do Rosario de Prado da Canda. A Comisión de festas xa leva tempo traballando para organizar e poñer todo a punto para a festa. Un ano mais os mozos e mozas da nosa aldea se preparan para interpretar a danza de Prado da Canda. |
|
|
|
|
|
|