Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gran afluencia de publico na Franqueira.



Un ano mais cumpriuse a previsión. Moitas persoas acudiron á cita coa Virxe da Franqueira. Moitos acudiron en peregrinaxe a visitar o Santuario, outros moitos tamén acudiron a comer o polbo. Gran numero de postos onde se vendía de todo a todo aquel disposto a mercar. Restaurantes improvisados dispostos a satisfacer a demanda culinaria. Todo isto queda á sombra do que acontece no Santuario. Como sempre foron moitos os veciños de Prado da Canda que colaboraron no desenrolo dos acontecementos. Uns levan as vacas que despois de vestilas, tiran do carro da Virxe en procesión, outros atenden as velas, outros axudan a pasar os panos polo manto da Virxe e outros na tenda de recordos. Un ano mais o cristián, sen sorpresas, volveu a impoñerse ao mouro.Moitos devotos dan conta das súas promesas, acudindo doutra volta ao Santuario da Nosa Señora da Franqueira, moi vinculado ao traballo de moitas xeracións de veciños e veciñas de Prado da Canda.
Categoría: XERAL - Publicado o 09-09-2009 16:58
O Cacharado despide as festas do xamón da Caniza.


O que en tempos fora recinto da feira do gando na Caniza, converteuse cos anos nun espacio de lecer. A Carballeira do Cacharado é un espacio verde, acondicionado con mesas, asadeiros e un parque infantil. Como remate da festa do xamón neste entorno preparouse unha boa sardiñada. Na ultima ocasión os veciños e veciñas puideron desfrutar da musica tradicional. Os grupos de pandereteiras “As Charabiscas da Caniza” e “Ruada de Randufe” uniron a súa experiencia no escenario e interpretaron cantigas do repertorio da musica popular. A xente que asistiu a esta sardiñada disfrutou dun bo tempo, o que permitiu que os que quixesen puidesen bailar.

Aquí podedes ver un video da súa actuación.


www.Tu.tv
Categoría: XERAL - Publicado o 08-09-2009 00:10
Comeza a Romaría da Franqueira.

O pasado día 30 de Agosto comezou o programa de celebracións do Santuario da Franqueira cunha novena. Os días de celebracións esténdense ate o Domingo 27 de Setembro. O día 8 de Setembro é de especial importancia nesta Romaría, sendo o día da Natividad da Virxe. Moitas son as persoas que acoden cada ano á Romaría da Franqueira, acércanse de moitos lugares. Algúns deles percorren kilometros para acudir a esta Romaría. Moitos veciños de Prado da Canda colaboran traballando estes días no Santuario.

Para saber mais:

http://www.afranqueira.org/
Categoría: XERAL - Publicado o 07-09-2009 16:59
Limpeza do Monte Comunal
Categoría: XERAL - Publicado o 03-09-2009 23:42
A Executiva da Asociación de Veciños comeza os preparativos da Asemblea Xeral.

A Executiva prepara a vindeira Asemblea Xeral, que posiblemente teña lugar no mes de outubro. O cambio da presidencia será un dos temas a tratar, así como tamén o plan de traballo para o vindeiro ano. A rehabilitación da Fonte da Aldea de Arriba e a inauguración do Centro Social terán o seu lugar no orde do día da Asemblea Xeral. Os socios poden nesta asemblea debater o futuro da Asociación de Veciños.
Categoría: XERAL - Publicado o 02-09-2009 15:46
© by Abertal