Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comezan os ensaios da Danza de Prado da Canda


Os mozos e mozas de Prado da Canda comezaron a ensaiar os pasos da danza. A danza se representa nos dous días da festa da Nosa Señora do Rosario. Este ano coincide o tres e catro de Outubro. O día tres os mozas e as mozas danzaran ás dezaoito horas, o día catro ás doce horas. A Danza de Prado da Canda se ven representando dende tempos que xa ninguén na aldea recorda. Moitos foron os mozos e mozas que a representaron ano tras ano. A Danza é unha representación das danzas brancas, na zona tamén se escenifican na Franqueira e Mouriscados. No Concello de Covelo só se representan en Prado da Canda.




Categoría: XERAL - Publicado o 16-09-2009 13:50
É moi interesante
Categoría: XERAL - Publicado o 16-09-2009 12:29
Gran afluencia de feligreses na Lamosa
Un ano mais a Virxe do Libramento da Lamosa, congrega a un gran numero de fieis. O bo tempo acompañou nas celebración da eucaristía e mais na procesión. Os nenos e as nais embarazadas foron os protagonistas desta festividade. Na Lamosa tamén se deron cita o polbo e os xantares nas carballeiras, Numerosas familias optaron por comer á sombra das cabadas próximas á estrada.

Categoría: XERAL - Publicado o 15-09-2009 13:30
A Xunta de Galicia planta frondosas no monte comunal


A Xunta de Galicia financiou a plantación de frondosas caducifolias no monte comunal. Con esta plantación a Comunidade de Montes de Prado da Canda pretende ampliar o abano de especies arbóreas plantadas no monte comunal. O lugar escollido foi na bagoada da Fonte da Veria.

Categoría: XERAL - Publicado o 14-09-2009 10:17
A Asociación de Veciños solicita mais contedores de lixo.

A AVV ven de solicitarlle ao Concello de Covelo a instalación de mais contedores de lixo. Na aldea só existen catro puntos de recollida de lixo. A Asociación de Veciños considera insuficientes a cantidade actual de contedores. Algúns veciños vense obrigados a percorrer grandes distancias para depositar as bolsas de lixo. Os veciños e veciñas de Prado da Canda tamén queren recordar, que pagan para que o camión pase a recoller o lixo dúas veces por semana e o camión so pasa unha. O servicio de recollida de lixo é insuficiente. Non se considera xusto que se pague por un servicio deficitario, e a Asociación de Veciños considera que non é tanto pedir tres contedores mais.
Categoría: XERAL - Publicado o 09-09-2009 18:43
© by Abertal