Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Executiva da Asociación de Veciños esta a preparar o calendario de actividades para o 2010.

En vista da próxima Asemblea Xeral a Executiva prepara o calendario de actividades para o próximo ano. O serán, e unha exposición de fotos do Arquivo de Imaxes xa se poden dar por fixas, quedan pendentes outras actividades que serán sometidas a debate e a correspondente aprobación , se procede, na Asemblea Xeral. Na vindeira Asemblea tamén se trataran outros temas que atanguen á problemática do día a día dos veciños e veciñas de Prado da Canda. Posiblemente a Asemblea Xeral se celebrara no mes de Novembro.
Categoría: XERAL - Publicado o 24-09-2009 17:13
VISITA O NOVO BLOG DO ARQUIVO DE IMAXES DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS
AGORA TAMÉN PODES VISITAR O ARQUIVO DE IMAXES DE PRADO DA CANDA. AQUÍ PODES VER IMAXES DOS ARQUIVOS DA COMUNIDADE DE MONTES E MAIS DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS.

FAI CLICk NO SEGUINTE ENLACE:

Categoría: XERAL - Publicado o 23-09-2009 14:46
A Executiva da Asociación de Veciños quere acondicionar a fonte da Aldea de Arriba.


A Deputación de Pontevedra acondicionou a estrada PO 5102, A Lamosa – A Franqueira. A Fonte da Aldea de Arriba sufriu modificacións coas obras da estrada. Co paso do tempo o deterioro foi a mais. As obras de acondicionamento non foron suficientes deixando numerosas deficiencias. Ao entender da Executiva da Asociación de Veciños, esta estructura precisa dun mínimo acondicionamento, dado que é un punto de referencia na aldea. Calquera veciño ou veciña que se dirixa á Aldea de Abaixo pasa por forza por diante desta fonte. Moitas persoas que circulan polo roteiro etnográfico tamén pasan por aquí, e co mal estado que actualmente presenta poden levar unha mala impresión da parroquia. Por todo isto a Executiva levara entre outros este tema á próxima Asemblea Xeral.

Podedes ver mais fotos.


Categoría: XERAL - Publicado o 22-09-2009 16:41
Programa completo da Festa da Virxe do Rosario
Categoría: XERAL - Publicado o 21-09-2009 15:54
Fieis de Paraños molestos pola venda da Rectoral.


Veciños e veciñas de Paraños amosan o seu descontento pola venda da Rectoral. A rectoral de Paraños foi vendida a escondidas dos fieis, que se senten enganados. O crego negou calquera explicación sobre os detalles da operación inmobiliaria. Os feligreses da parroquia están doídos dado que durante moitos anos, contribuíron ao mantemento do edificio agora vendido. Moitos pensan que a forma de que se fixo toda a operación non é a mais axeitada. A Asociación de Veciños de Paraños reclama a reposición da Rectoral e piden que o crego titular sexa destituído da súa responsabilidade.



Categoría: XERAL - Publicado o 17-09-2009 13:53
© by Abertal