A mega orquestra ofrecerá o seu mega espectáculo aos seus fieis seguidores.
A orquestra Panorama volve á Franqueira, no marco da gran romaría que se celebra o oito de setembro. O programa da verbena anuncia a actuación das orquestras Nueva Generación e a anteriormente mencionada Panorama. No programa tamén podemos consultar os horarios dos actos relixiosos que se desenvolven ao longo dos días sete,oito,nove e vinte. Para saber mais sobre a romaría, facer clic aquí ...
A parroquia de Alxén, prepara a súa terceira edición do serán que veñen celebrando nos últimos anos.
A Asociación Cultural e Folclórica de Alxén, parroquia do concello de Salvaterra de Miño, organiza o seu terceiro serán. O sábado, dia doce se setembro, é a data escollida polos organizadores. A partir das nove da noite os amantes da música tradicional teñen unha interesante ocasión de poder gozala.