Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

LIMPEZA DO MONTE COMUNAL

A Comunidade de Montes de Prado da Canda realizou traballos forestais para a prevención de incendios.


A Comunidade de Montes limpou a plantación do Alto do Ceo e mais a do Coto da Laxe. Dentro do plan dos traballos de mantemento da nova plantación, realizouse un desbroce. Estes traballos realízanse para facilitar o crecemento dos pequenos piñeiros, e favorecen a prevención da aparición do temido lume. Na próxima Asemblea Xeral, do domingo vinte e cinco, a Xunta Reitora vai pedir o apoio dos comuneiros para seguir con estes traballos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-08-2013 16:54
FESTA NA LAMOSA
Despois dun ano de descanso, volve con moito animo esta tradicional verbena da nosa comarca.


Este ano, despois dun descanso, volve a verbena á Lamosa. O ano pasado non se celebrou a tradicional festa amenizada por diversas orquestras, este ano animáronse a retomar esta interesante cita coa diversión tan arraigada na veciñanza da comarca. O sábado catorce de setembro e o domingo quince son os dias onde A Lamosa ofrece troula a aquelas persoas que se animen en acudir. Os actos relixiosos da Virxe do Libramento, a quen esta adicada a festa, podemos consultalos no seguinte cartace ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-08-2013 15:36
ROMARÍA DA NOSA SRA. DA FRANQUEIRA
De 19 de agosto de 2013


O Santuario da a coñecer o calendario e mais os horarios dos actos relixiosos.

O Santuario da Franqueira ven de facilitar o calendario da Romaría da Nosa Sra. da Franqueira. O oito de setembro é unha das datas mais importantes para o Santuario. Moitos fieis procedentes de distintos lugares da diocese acoden á cita anual coa Virxe. Os organizadores contan satisfacer e dar acomodo a centos de persoas que fan grande á pequena aldea do concello cañicense. Para saber mais ...


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-08-2013 17:22
ROI CASAL NA CAÑIZA

A arpa, a gaita e outros instrumentos ofreceron acordes de música folk na terra do xamón.

Roi Casal, que durante anos formou parte do grupo musical Milladoiro, actuou no marco da Festa Feira do Xamón da Cañiza. O interprete, acompañado por virtuosos da musica folk, deu a coñecer unha boa parte dos temas que conforman a súa discografía. Roi agradeceu a asistencia e o apoio do público, así como tamén a colaboración de dous membros de Milladoiro, presentes na actuación. Unha pracida noite de verán, axudou a que un numeroso e animado publico, gozase dunha alternativa musical ás xa coñecidas orquestras.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-08-2013 16:53
RASTREXO BENÉFICO EN MACEIRA
O colectivo veciñal de Maceira en colaboración co Concello de Covelo organiza unha benéfica iniciativa.


A Asociación de Veciños de Maceira e a Oficina de Voluntariado do Concello de Covelo colaboran para organizar un Rastrexo Benéfico en Maceira. O acontecemento convoca aos participantes o sábado dezasete de agosto ás 22:30 na praza de Maceira. Cada participante dará un Kilo de alimentos en favor do Banco de Alimentos do Concello de Covelo. Aquí ofrecemos o cartace que anuncia esta solidaria iniciativa.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-08-2013 14:03
1 [2]
© by Abertal