Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ROMARÍA DA NOSA SRA. DA FRANQUEIRA

O Santuario ten todo preparado para acoller aos fieis e peregrinos que acoden un ano mais a esta importante cita.


Un bonito cartel anuncia este ano a romaría da Nosa Sra. Da Franqueira. O dia oito de setembro é o dia mais especial nestas celebracións. Aquí deixamos o cartel en formato pdf.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 23-08-2012 21:42
FESTA DE SAN BARTOLOMEU NA LAMOSA
O colectivo veciñal da Lamosa organiza unha festa na honra do seu patrón.


A Asociación de Veciños San Bartolomeu de A Lamosa organiza unha festa para o vindeiro 25 de agosto ás 22 horas. A festividade do patrón da Lamosa é o motivo que anima ao colectivo veciñal á hora de celebrar esta festa. Os organizadores propoñen unha cea con churrasco, postre, café e viño. O prezo por persoa é de doce euros. O grupo Solimán animará o baile que se celebrará despois da cea. Os nenos e nenas menores de dez anos pódense apuntar gratuitamente.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-08-2012 16:01
BANDEIRA GALEGA NA CAÑIZA

A memoria dun interesante debate, chega a nós despois de moitos anos.



O día seis de Xullo do ano 1930, o semanario local, coñecido como Nueva Cañiza, propoñía unha interesante pregunta na súa editorial. A cuestión estaba presentada con certa ironía e formulábase da seguinte maneira, ¿se izará el 25 de julio, la bandera regional en el Ayuntamiento?. A propia editorial explícanos a que se debe este interrogante e tamén toma posición de cal debería ser a postura a tomar polas autoridades municipais cañicenses da época. Grazas á conservación e doazon do Sr. Jose Luís Bacelar podemos case que palpar como vivía, e con que debate, a sociedade galega de entón, os cambios que se estaban a experimentar no eido político social da época.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 16-08-2012 10:51
FESTA DO XAMÓN DA CAÑIZA
O Concello aproveita o tirón da Festa do Xamón e programa actividades complementarias.

O Concello da Cañiza organiza o Verán Cultural e Deportivo do 2012. Múltiples actividades ten programadas para este verán o Concello da Cañiza. Dende o Cine na rúa ate un karaoke. Aquí deixamos o enlace co programa das actividades programadas.


Programa do Verán Cultural e Deportivo da Cañiza 2012

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-08-2012 17:25
FÚTBOL LAMA EN BARCIA DE MERA
A parroquia covelense vén acollendo, edición tras edición, a un numeroso e expectante público.


En Barcia de Mera seguen apostando polo fútbol lama, non é un deporte olímpico, pero co tempo todo pode chegar. Esta é a cuarta edición, a Veija de Barcia acollerá esta interesante modalidade do fútbol. O sábado 4 de Agosto é o día escollido, ás 10:00 dará comezo a competición, tendo a comodidade de dispoñer dun pulpeiro, e de ter unha cantina na zona de acampada.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 01-08-2012 23:53
UNHA BANDEIRA GALEGA EN PRADO DA CANDA
Mozos e mozas da nosa aldea, deciden expresar a súa galeguidade no mais alto dos Cotos da Bouza.



Superado xa o día 25 de Xullo, onde se celebraron moitas cousas, entre elas, o día do Apóstolo Santiago, o patrón de España, o día de Galicia e outras efemérides, un pequeno grupo de mozos e mozas, decidiron darlle un toque de galeguidade ao Alto dos Cotos da Bouza. No mais alto do lugar decidiron colocar unha bandeira galega, un simbólico acto de galeguidade e de cariño pola nosa terra.
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 01-08-2012 23:29
© by Abertal