Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FESTA DA NOSA SRA. DO ROSARIO EN PRADO DA CANDA
A festa a honra da Nosa Sra. do Rosario xa ten programa. A festa será no mes de outubro, os días un e dous. O día un actuarán o grupo Océano e mais o trío Charol, o día dous o pasarruas matutino será co grupo de gaitas Os Folieiros, pola noite o protagonista é o grupo Océano. No ámbito relixioso da festa os actos comezarán un pouco antes, o día 23 de setembro comeza a novena ás 19:00 horas, o sábado día un, misa solemne con procesión ás 18:00 horas acompañada pola Danza da Nosa Sra. do Rosario, Os Folieiros acompañaran este ultimo acto. A misa solemne do domingo día 2 é ás 12:00 horas con procesión, onde a Danza volverá a acompañar este acto. Ás 19:00 horas misa e rosario na honra da Virxe, ao rematar a procesión dáse a venerar o relicario que conten unha esquirla da oliveira da Nosa Sra. do Rosario de Fátima.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-08-2011 14:49
SAN ROQUE NA REGIA DA VERIA EN PRADO DA CANDA
A parroquia de Prado da Canda saíu en procesión ate a Fonte da Regia da Veria. Co motivo da festividade de San Roque os fieis sairon en procesión co santo, ate a Fonte da Regia da Vería, unha vez chegados ao destino, celebrouse unha misa. Este ano foron moitos os asistentes a este interesante acto relixioso. Unha vez rematada a eucaristía, compartironse unhas rosquillas e mais viño. Aquí unhas imaxes do acontecido.




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-08-2011 13:07
INCENDIOS FORESTAIS NA CAÑIZA
Incendio na Xesteira, barrio da parroquia de Petán, no concello da Cañiza. Afortunadamente non chegou ás vivendas e non houbo que lamentar males maiores. Os incendios forestais son unha constante no verán, este ano non é unha excepcion. Cumpre salientar o incendio acaecido xa fai uns meses na parroquia cañizanse do Couto. O lume si que chegou ás proximidades das vivendas, sendo desaloxados algúns veciños, algúns deles tiveron que ser ingresados en centros hospitalarios. Esperemos que os incendios forestais non vaian a mais.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-08-2011 12:37
XORNADA MUNDIAL DA XUVENTUDE TAMÉN NA FRANQUEIRA
O Santuario da Franqueira, acolleu a un numeroso grupo de peregrinos, procedentes da Bretaña francesa. Co motivo da Xornada Mundial da Xuventude, que este ano ten lugar en Madrid, un grupo numeroso de mozos peregrinos bretóns, fixeron un alto no camiño no Santuario da Franqueira. Celebrouse unha misa co motivo da visita dos mozos galos, a eucaristía foi celebrada polo Sr. Bispo Denís Moutel, que acompañaba aos fieis que acoden á cita co Papa Bieito XVI. O Sr. Bispo recibiu un agasallo, que de seguro é un bo recordo do seu paso pola Franqueira, consistente nunha reprodución dunha imaxe da Nosa Señora da Franqueira. Os mozos e mozas tamén recibiron un pequeno recordo do Santuario. Con certeza que a diocese francesa de Saint - Brieuc et Tréguier leva unha boa impresión da hospitalidade ofrecida polo Santuario da Franqueira.





Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-08-2011 12:11
ANDAINA NOCTURNA EN PARAÑOS

A Comunidade de Montes de Paraños organiza unha andaina nocturna. O sábado 13, é o día escollido para facer esta interesante saída nocturna. A cita é ás 22:30 no torreiro de Paraños. A meta é Seixos Albos, interesante mirador situado no monte comunal de Paraños. A distancia a recorrer é de dez kilometros, sumando a ida e mais a volta. Os organizadores recomendan levar lanterna, calzado apropiado e mais roupa de abrigo. O grado de difultade é medio – baixo.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 10-08-2011 14:01
MUSICA ANTIGA NO SANTUARIO DA FRANQUEIRA
O luns día 15 de agosto, celebrase no Santuario da Franqueira o III Certame de Musica Antiga. Vox Stellae é a agrupación encargada de interpretar distintas pezas de musica antiga, despois da celebración eucarística, que dará comezo ás 17:00 horas. Esta actuación conta coa colaboración do Concello da Cañiza. O Santuario da Franqueira leva xa uns anos organizando este acto estando xa consolidado dentro da axenda de actividades que organiza o Santuario.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-08-2011 12:55
CONCERTO MOI ANIMADO DE SUSANA SEIVANE NA CAÑIZA
A actuación de Susana Seivane, na Cañiza, non defraudou ao numeroso publico asistente. Susana agasallou aos asistentes con temas pertencentes ao seu ultimo disco publicado. Así mesmo os músicos que a acompañan fixeron gala da súa mestría cos distintos instrumentos musicais, sendo a gaita a protagonista da noite. Susana foi quen de atopar a complicidade do publico, que acompañou á gaiteira con cánticos e bailes. O intenso ritmo das distintas interpretacións deu calor a un publico que sufriu o intenso frescor da noite cañicense. Aquí unhas fotos do acontecido.








Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-08-2011 12:26
SUSANA SEIVANE NA CAÑIZA
O domingo, 7 de agosto actuará na Praza Maior da Cañiza, . O concerto comezará ás 22:30. A Actuación da afamada gaiteira esta enmarcada no verán cultural do Concello da Cañiza do 2011. A XLV edición da Festa do Xamón da Cañiza é o preámbulo deste verán cultural onde ofrécense variadas actuacións, entre elas a de Susana Seivane.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-08-2011 23:55
SABIAS QUE …
A Cruz da Paradanta podémola atopar a 950 metros de altitude. Forma parte dun Vía Crucis na Paradanta, sendo a cruz situada mais alta e polo tanto a ultima no recorrido do Vía Crucis. A cruz esta situada nunha chan, rodeada dun entorno natural, que dende a súa altura permítenos ter unhas boas vistas. A Cruz da Paradanta esta nas inmediacións do Santuario da Franqueira, preto do enclave da cruz esta o lugar onde se di que apareceu a Virxe da Franqueira. Aquí deixamos unhas fotos ...





Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 04-08-2011 23:44
PARA PENSAR ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-08-2011 20:07
PEREGRINACIÓN Á CRUZ DA PARADANTA
CRUZ DA PARADANTAO Santuario da Franqueira organiza para o día 6 de agosto, unha pequena peregrinación. Ás 18:00 dará comezo o recorrido cunha misa no santuario, o roteiro a seguir fai varias paradas, onde se farán reflexións inspiradas na vida da Virxe María, a meta é a cruz da Paradanta. Contando con esta vez, xa son sete os anos que se ven facendo este camiño, unha iniciativa do Santuario da Franqueira.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 03-08-2011 16:49
© by Abertal