Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FUGAS DE AUGA NA NOVA POZA CONTRA INCENDIOS
Unha pequena fuga de auga foi detectada na nova poza. A construción da poza deixou unha pequena fisura no formigón, que foi detectada unha vez chea a poza. A Xunta Rectora da Comunidade de Montes esperará ao outono para proceder á reparación deste pequeno fallo. Considerase que na época estival, e devido ao alto risco de incendios é mellor esperar a estación mais húmida que precede ao verán.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-08-2010 18:21
APARECEN DÚAS AGUIAS ALBELAS MORTAS NO PARQUE EÓLICO DO SUÍDO
A Asemblea do Suído (FEG) topou dous exemplares mortos desta especie de aguia ameazada nas proximidades das plataformas de 2 aeroxeradores en pleno corazón da Serra do Suído. Esta serra é unha das áreas de media montaña de Galicia de maior interese ecolóxico e carente de recoñecemento oficial de protección. Ámbalas dúas aves foron entregadas á gardería do servizo de conservación da natureza, mostrando seccionados parcialmente os seus corpos. Neste momento a Serra do Suído é un dos mellores espazos naturais da Dorsal Galega, sendo unha das mellores representacións do ecosistema de media montaña e o único da súa categoría non incluído na Rede Natura 2000. A pesar de figurar na proposta de ampliación da Rede, presentada no Comité Galego de Medio Ambiente no ano 2007, e a pesar do anuncio do presidente da Xunta de que non se construirán parques en rede Natura ou nas súas zonas de ampliación, fai dous meses foi publicado no DOG a ampliación do parque eólico.





Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-08-2010 18:14
CONMOCIÓN NA PARADANTA
A morte en acto de servizo do Garda Civil, Miguel Jorge Piñeiro Lorenzo, que prestaba servizo no cuartel de Covelo, conmocionou a toda a comarca. A Comunidade de Montes e mais a Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda queren mediante este comunicado, amosar seu pésame e a súa solieradidade coa familia e o corpo da Garda Civil, pola inesperada e tráxica perdida. Dende este medio queremos manifestar o noso total rexeito á violencia. Para saber mais


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-08-2010 12:28
O ALCALDE DE COVELO VISITA PRADO DA CANDA

O Domingo dia 15 de Agosto o Alcalde de Covelo, Jose Costa, reuniuse cunha representación da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños. O Alcalde enseñou os departamentos interiores do Centro Socio Cultural de Prado da Canda. A visita centrouse nas necesidades que a dia de hoxe o Centro Socio Cultural ten, entre elas cumpre destacar, a seguridade do recinto, devido aos desniveis do terreo, a evacuación de augas pluviais, o enganche da luz e o mobiliario. A xuntanza, de carácter informal, serviu para transmitirlle ao Alcalde as necesidades que os veciños e veciñas de Prado da Canda lle reclaman ao Concello, puntos de luz e a limpeza e acondicionamento de camiños. Aínda que non se fixaron prazos, por motivos orzamentais, tanto a Xunta Rectora da Comunidade de Montes como a Executiva da Asociación de Veciños, valoraron positivamente o encontro co Alcalde.





Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-08-2010 12:00
SUBVENCIÓN CONTRA INCENDIOS

A Xunta de Galicia ven de concederlle á Comunidade de Montes de Prado da Canda unha axuda para limpar o monte comunal. A subvención foi solicitada no seu dia en conxunto coa Comunidade de Montes de Valeixe, dado que entre ambas comunidades se suman o numero de hectáreas necesario para poder solicitar este tipo de axudas. A limpeza do pastizal, o perímetro das instalacións do curro e as beiras das pistas, como a que ofrece a imaxe, serán as areas onde se destinarán os traballos de desbroce. A Comunidade de Montes de Prado da Canda estima necesario realizar estes traballos silvícolas, que facilitan o traballo en caso de incendios forestais.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-08-2010 11:52
1 [2] [3]
© by Abertal