Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VECIÑOS DE PRADO DA CANDA CON SAN ROQUE Á FONTE DA VERÍA.

Fieis de Prado da Canda realizan unha procesión con San Roque ate a Fonte da Vería. Veciños e veciñas volveron a acompañar a san Roque no seu día. A Fonte da Vería foi o marco escollido para celebrar a eucaristía, que a pesar do calor contou cunha nutrida asistencia de persoas que se acercaron ate o lugar. Os fieis da parroquia de Prado da Canda levan xa algúns anos facendo esta procesión.
Categoría: XERAL - Publicado o 25-08-2009 13:59
Berrogüetto na Caniza.
O grupo de música folk ven de actuar na Caniza. Dentro do programa das Festas do Xamón do Concello da Caniza e co patrocinio de Caixanova, o grupo Berrogüetto actuou na praza maior da Caniza. A pesar da noite de frío foron moitos os asistentes que acudiron á cita con Berrogüetto. O grupo non defraudou aos seus seguidores realizando unha ampla interpretación do seu repertorio. Algúns bailadores e bailadoras animáronse a bailar a pesar do persistente frío.
Categoría: XERAL - Publicado o 25-08-2009 12:33
A COMUNIDADE DE MONTES CONVOCA AOS VECIÑOS.

A Comunidade de Montes convoca aos veciños para limpar de maleza a Fonte da Rega da Veria e a Fonte da Prata. A limpeza será o Sábado 29 de Agosto ás 9:00 horas. Os veciños están convocados para saír todos xuntos dende a fonte da Aldea de Arriba. A Comunidade de Montes espera que a convocatoria teña éxito, e acudan moitos veciños e veciñas a realizar os traballos de limpeza necesarios, para conservar en bo estado estes lugares de interese comunitario.
Categoría: XERAL - Publicado o 24-08-2009 23:54
A Comunidade de Montes ven de asinar un acordo de deslinde.

O Presidente da Comunidade de Montes de Prado da Canda, Mauricio Lamosa Blanco, asinou no xulgado de paz de Covelo, un acordo amistoso de deslindes. O 26 de Novembro do 2008 asinouse o acordo entre as Comunidades de Montes de Parada de Achas, A Lamosa e Prado da Canda. O titular do xulgado de paz de Covelo, Don Carlos Manuel García Rodríguez, foi o encargado de dar fe do acordo. Con este acordo as Comunidades de Montes afectadas poden amojonar o deslinde dos montes comunais, ao amparo dunha subvención da Xunta de Galicia. A subvención estaba destinada a facilitar o amojonamento dos lindes das comunidades de montes, sempre que houbese un acordo amistoso entre os interesados.
Categoría: XERAL - Publicado o 18-08-2009 23:03
VECIÑOS E VECIÑAS DE PRADO DA CANDA VISITARON O ROTEIRO ETNOGRÁFICO DO XABRIÑA.

Un grupo de veciños e veciñas realizaron unha camiñada polo roteiro etnográfico do río Xabriña. O pasado día 16 de Agosto veciños da nosa aldea visitaron unha parte de este peculiar roteiro etnográfico . A ruta escollida foi a que vai dende Prado da Canda ate Paraños. A calzada de pedra da Ponte do Folón, os muíños e mais o Pozo do Demo espertaron a curiosidade dos sendeiristas. A ruta esta perfectamente sinalizada e faise comodamente. Os elementos etnográficos desta parte da ruta atópanse nun bo estado de conservación.
Categoría: XERAL - Publicado o 18-08-2009 07:51
1 [2]
© by Abertal