|
|
|
Prado da Canda celebra o 25 de Xullo |
|
O colectivo veciñal prepara como nos últimos anos unha pequena xuntanza.

Un ano mais o colectivo veciñal prepara a festa do 25 de xullo, festividade de Santiago apóstolo, que entre outros honores é patrón da nosa aldea onde o seu nome forma parte do nomenclátor da nosa parroquia. O propio colectivo identificase como Asociación Veciñal Santiaguino de Prado da Canda, recollendo así o topónimo parroquial. A veciñanza ven desfrutando desta festa que se recuperou despois de moitos anos. Moitas persoas aproveitan a ocasión para desfrutar dunha xornada de lecer. Aquí deixamos o anuncio da festa ... |
|
|
|
Procesión do Cristo da Agonía na Cañiza |
|
Moitos fieis acompañaron ás imaxes que saíron á rúa, onde os organizadores non escatimaron esforzos para que todo saíse ben.

Fai uns días celebrouse a procesión do Cristo da Agonía na Cañiza. A procesión foi a guinda das festas celebradas durante estas xornadas. O ritual relixioso é esperado por unha gran parte da veciñanza que ve neste acto un motivo de emocións, pola contra para outros veciños supón unha viaxe a tempos mais angustiosos para as liberdades, dada a proliferación de tricornios, uniformes caquis e autoridades civís e relixiosas, tal como se daba moitos anos atrás. Aquí deixamos unhas fotos ...
|
|
|
|
As pascuillas |
|
Fotos de Roberto de la Torre.

Aquí deixamos unhas fotos que xenerosamente cedeu Roberto de la Torre. Imaxes que pasarán a formar parte da memoria da parroquia
|
|
|
|