Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FESTA DO 25 DE XULLO EN PRADO DA CANDA
O torreiro da igrexa, acollerá un ano mais a festa do colectivo veciñal.

O colectivo veciñal de Prado da Canda, fixo público o cartace que anuncia a quinta edición da festa da Asociación de Veciños. A Charanga Air Jalisia é a encargada este ano de animar ao baile e a diversión. Deixamos aquí o cartace onde podemos consultar o programa.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 21-07-2014 23:07
AS CHARRAVISCAS ENCHERON A CAÑIZA DE MÚSICA TRADICIONAL
As gaitas, as latas de pementon, as pandeiretas e as voces dos grupos encheron o auditorio da Cañiza de acordes populares.

As xornadas de música tradicional de A Cañiza, contaron coa presencia dun numeroso público. Os grupos musicais ofreceron o mellor do seu repertorio. Os asistentes puideron gozar
dunha tarde onde as cantigas populares foron as protagonistas. Aquí deixamos unhas fotos.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 21-07-2014 22:57
FESTA DO 25 DE XULLO EN PRADO DA CANDA

O colectivo veciñal prepara con moito ánimo a festa da asociación.

A Asociación de Veciños de Prado da Canda, prepara a quinta edición da Festa da Asociación de Veciños. A charanga Air Jalisia será a encargada de animar ao baile á veciñanza da nosa aldea. A charanga acompañará á procesión que se celebrará despois da misa solemne. Pola tarde, no torreiro da igrexa haberá unha merenda, acompañada pola música de Air Jalisia.
Comentarios (1) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-07-2014 17:45
III XORNADAS DE MÚSICA TRADICIONAL NA CAÑIZA
As pandereteiras As Charaviscas da Cañiza consolidan esta interesante iniciativa musical.

O domingo, dia seis, o grupo de pandereteiras As Charaviscas de A Cañiza, organizan as III Xornadas de grupos tradicionais. Os grupos realizarán un pasa rúas, que sairá da Casa do Concello. As actuacións serán na Praza Maior ás vinte horas. Os grupos Muíños de Oliveira, Os Tarangaños de Mos, Froles Mareliñas e a pandereteira e cantareira Lauriña farán pasar unha boa de musica tradicional ao público que se anime a acercarse á Cañiza.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 01-07-2014 18:38
© by Abertal