|
|
|
SERÁN SOLIDARIO EN TOUTÓN |
|
As pandeireteiras da parroquia mondarizana organizan un serán contra o cancro.
Interesante iniciativa das pandeireteiras de Toutón de Mondariz. O próximo sábado, día tres organizan un serán contra o cancro. A festa dará comezo ás seis da tarde, están convidados os grupos que se queiran unir a esta solidaria iniciativa. Os beneficios serán doados á Asociación Española Contra o Cancro de Pontevedra.
|
|
|
|
FESTA DO 25 DE XULLO EN PRADO DA CANDA |
|
O colectivo veciñal da nosa aldea, pretende que a festa sirva de escusa para facilitar o encontro da veciñanza.
A Asociación de Veciños prepara os últimos detalles da festa do vinte e cinco de xullo. Aquí deixamos o cartace que anuncia a IV Festa da Asociación. Xa son catro anos que se organiza esta pequena festa. A charanga Vai de Baile animará aos asistentes cos súa música. |
|
|
|
ANIVERSARIO NO SANTUARIO DA FRANQUEIRA |
|
Os organizadores teñen moita ilusión na celebración deste acto.
O próximo vinte e un de xullo o Santuario da Franqueira celebra o cincuenta aniversario da coroación da imaxe da Virxe de Franqueira. Aquí ofrecemos o cartace co horario de tan importante celebración. Os danzantes de fai cincuenta anos volveran a interpretar os mesmos pasos, que sendo mais xoves interpretaron coa enerxía propia da idade, agora con cincuenta anos xa vividos volven a executar con moito cariño e paciencia.
Outro interesante artigo na seguinte enlace ... |
|
|
|
FESTA DA ASOCIACIÓN DE PRADO DA CANDA |
|
 O colectivo veciñal prepara con bo animo a festa do vinte e cinco de xullo.
A Asociación de Veciños da nosa aldea prepara a festa do vinte e cinco de xullo. Este ano cúmprese a cuarta edición desta festa. Os xogos populares e mais a música poderán compartir protagonismo nesta xornada festiva en Prado da Canda. A Asociación de Veciños leva anos celebrando esta pequena festa, onde os maiores aproveitan para botar unha parrafada e os mais novos descobren que hai xogos mais ala das vídeo consolas. O Torreiro da Igrexa na Aldea de Abaixo acollerá á diversión, si acaso o tempo se tornase desapracible, a festa trasladase ao Centro Socio Cultural de Prado da Canda. |
|
|
|
ASEMBLEA XERAL DE COMUNEIROS DE PRADO DA CANDA |
|
No mes de agosto pode andar a data para celebrar a asemblea que decide o futuro do monte comunal.
A Comunidade de Montes de Prado da Canda, prepara a Asemblea Xeral de Comuneiros para finais de agosto. Aínda sen determinar unha data concreta a Xunta Reitora da Comunidade de Montes, prepara a Asemblea Xeral para informar e someter ao criterio da maioría dos comuneiros, os diversos temas que afectan á xestión do monte comunal. O tramite de subvencións para a limpeza do monte é un dos cabalos de batalla na xestión do ben común. |
|
|
|
|
|
|