Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ACTIVIDADES ESTIVAIS DO SANTUARIO DA FRANQUEIRA
No verán, o Santuario, vén ofrecendo nos últimos anos actividades que poden completar a axenda dos fieis e curiosos.






O Santuario da Franqueira ofrece diversas actividades. Como vén sendo costume nos últimos anos, o Santuario da Franqueira completa as súas actividades de verán. Coa festa dos maiores, do pasado día 29 de Xullo, deu comezo este pequeno calendario de actividades. A peregrinación do Vía Crucis ao Coto da Vella, e o concerto de música antiga son interesantes citas que poden moi ben completar calquera axenda estival.
Aquí deixamos os enlaces que poden servir para completar esta información.



Paxina web do Santuario da Franqueira


Cartace das actividades do verán do 2012






Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 30-07-2012 12:23
III FESTA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS
O colectivo veciñal de Prado da Canda prepara a súa terceira edición da festa do 25 de Xullo.

A Executiva da Asociación de Veciños, reuniuse o pasado domingo, para ir rematando cos preparativos da III Festa da Asociación de Veciños. A terceira edición da festa do día 25 de Xullo, coincidindo co patrón da nosa aldea, será animada pola charanga Air Jalisia. Ás once da mañá dará comezo un pasa rúas pola nosa aldea. Os xogos populares e a merenda contarán este ano coa animada música de Air Jalisia.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-07-2012 15:42
VISITAMOS O MUSEO DA INTERPRETACIÓN DA CERA EN PARAÑOS
A Comunidade de Montes de Paraños, convídanos a ver como se elaboraban as candeas e figuras de cera noutro tempo.




Visitamos o Favum de Paraños, Museo de Interpretación da Cera. Unha coidada posta en escena, abre diante nosa todo o proceso de elaboración e manipulación da cera. As candeas e as diversas figuras son o resultado deste proceso, que comeza co humilde traballo das abellas, e que o home remata posteriormente. O museo esta nunha zona recentemente acondicionada con criterios que están lonxe do asfalto, tendo a pedra un especial protagonismo. Aquí deixamos unhas fotos desta interesante visita que dende aquí aconsellamos.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-07-2012 00:46
© by Abertal