Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A CANIZA EN PROCESIÓN
Fai un ano aproximadamente, a selección española de fútbol regalábanos o trofeo mais desexado pola maioría de seareiros do fútbol, o campionato do mundo. Tamén por aquelas datas celebrábase a festividade do Cristo da Agonia da Caniza. Este ano non houbo fútbol, pero si que houbo un ano mais a celebración do Cristo da Caniza. Este ano non houbo verbena nocturna, só actuou unha banda de musica, que acompañou á procesión e que despois interpretou algunhas pezas no adro da igrexa da Caniza. Como noutras ocasións, acudiu á cita a corporación en pleno, co Alcalde á cabeza, tampouco faltou un representante do cuartel da garda civil da Caniza. O paisano que leva a cruz procesional é das Achas e leva moitos anos facendo o acompañamento procesional ao Cristo da Agonia da Caniza. Aquí unhas fotos.





Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 14-07-2011 17:08
TARDES LIBERTARIAS EN PONTEAREAS
O Ateneo Libertario Lume Negro, de Ponteareas, organiza as IV Tardes Libertarias, co título: As plantas de biomasa e outras malas herbas. A Asemblea do Suído participará nas mesmas cun relatorio sobre conflitos e enerxía, centrado na problemática xerada na Serra do Suído e noutros espazos de alto valor ecolóxico de Galicia, coa instalación de grandes parques eólicos. A cita será o vindeiro venres 8 de xullo ás 21:00 horas, no auditorio municipal de Ponteareas, Reveriano Soutullo. Para máis info:http://www.lumenegro.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-07-2011 11:19
[1] 2
© by Abertal