Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

FESTA DA ASOCIACIÓN DE PRADO DA CANDA MOI ANIMADA
O bo tempo acompañou a tarde de xogos, na ll Festa da Asociación de Veciños de Prado da Canda. A veciñanza animouse a participar nos distintos xogos que se organizaron. Os mais cativos desfrutaron no parque infantil, os maiores trasladáronse por un momento á infancia, xogando aos xogos que o tempo foi deixando atrás. Déronse de alta na Asociación de Veciños novos socios, que pasan a formar parte do colectivo veciñal. Os organizadores da actividade quedaron moi satisfeitos, agradecendo á veciñanza a participación neste pequeno acto.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-07-2011 18:38
HOMENAXE AOS MAIORES NA FRANQUEIRA
O Santuario de A Franqueira, organiza a XI Homenaxe aos Maiores. O dia 31 de xullo, é a data escollida polo Santuario para celebrar este acto tan interesante. Os Concellos de A Cañiza e o de Covelo colaboran na organización, que corre a conta de Cáritas Interparroquial Nosa Señora de A Franqueira. A área recreativa dos Bidueiros, é o marco que acollerá aos asistentes que se animen a participar. A xornada festiva dos maiores dará comezo ás 13:00 horas.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-07-2011 18:27
CURRO DE CABALOS NA GRAÑA
O domingo 31 de Xullo celebrase na Graña, municipio de Covelo, un curro de cabalos. Esta é a lV edición do curro, coñecido como o Curro do Suído, dado que se desenvolve na serra que lle da nome. Os organizadores fan saber que haberá servizo de bar, para tódalas persoas que se animen a asistir.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 27-07-2011 18:23
FESTA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE PRADO DA CANDA
A Asociación de Veciños Santiago de Prado da Canda, celebrará o próximo 25 de Xullo a ll Festa da Asociación de Veciños. Os xogos populares serán os protagonistas no torreiro da igrexa, na Aldea de Abaixo, a partir dás 17:30 horas. Dende a Asociación de Veciños pretendese compartir unha boa tarde de xogos, onde a veciñanza teña a oportunidade de falar, nun ambiente distendido dos distintos problemas que a nosa aldea ten.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 19-07-2011 11:16
TEATRO EN FORNELOS DA RIBEIRA
Un ano mais a Asociación Cultural O Solpor de Fornelos da Ribeira, concello de Salvaterra de Miño, organiza a mostra de teatro afeccionado. Son xa dez edicións desta interesante iniciativa teatral, única na comarca. Este ano as representacións teatrais comezarán o dia 22 de Xullo, ás 22:30 e rematan o 24. Os organizadores tamén pensan nos mais cativos e o dia 24, ás 21:00 horas teñen unha animación infantil cos contos do bardo Abelardo. O lugar escollido polos organizadores é a Carballeira das Fraguinas. O Concello de Salvaterra de Miño e a Deputación de Pontevedra colaboran cos organizadores.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-07-2011 16:42
A CANIZA EN PROCESIÓN
Fai un ano aproximadamente, a selección española de fútbol regalábanos o trofeo mais desexado pola maioría de seareiros do fútbol, o campionato do mundo. Tamén por aquelas datas celebrábase a festividade do Cristo da Agonia da Caniza. Este ano non houbo fútbol, pero si que houbo un ano mais a celebración do Cristo da Caniza. Este ano non houbo verbena nocturna, só actuou unha banda de musica, que acompañou á procesión e que despois interpretou algunhas pezas no adro da igrexa da Caniza. Como noutras ocasións, acudiu á cita a corporación en pleno, co Alcalde á cabeza, tampouco faltou un representante do cuartel da garda civil da Caniza. O paisano que leva a cruz procesional é das Achas e leva moitos anos facendo o acompañamento procesional ao Cristo da Agonia da Caniza. Aquí unhas fotos.





Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 14-07-2011 17:08
TARDES LIBERTARIAS EN PONTEAREAS
O Ateneo Libertario Lume Negro, de Ponteareas, organiza as IV Tardes Libertarias, co título: As plantas de biomasa e outras malas herbas. A Asemblea do Suído participará nas mesmas cun relatorio sobre conflitos e enerxía, centrado na problemática xerada na Serra do Suído e noutros espazos de alto valor ecolóxico de Galicia, coa instalación de grandes parques eólicos. A cita será o vindeiro venres 8 de xullo ás 21:00 horas, no auditorio municipal de Ponteareas, Reveriano Soutullo. Para máis info:http://www.lumenegro.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 06-07-2011 11:19
© by Abertal