Unha pequena representación da executiva da Asociación de Veciños, coa presidenta Mercedes ao fronte, acompañada de Hortensia e Francisco, reuniuse esta maña con Jose Costa, alcalde de Covelo. A cordialidade imperou durante a xuntanza mantida de xeito informal. A pequena representación da Executiva veciñal, transmitiu as inquietudes que rodean a inauguración do Centro Socio Cultural de Prado da Canda. Nun futuro encontro, poderase, tal vez, determinar a data de inauguración do novo local social da aldea. Cumpre recordar que non conta con mobiliario, e non esta conectado a rede eléctrica, feitos que determinan a inauguración e posterior uso das instalacions.
A Asociación Cultural Solpor de Fornelos da Ribeira, concello de Salvaterra de Miño, organiza a lX Mostra de Teatro Afeccionado. Os días 15, 16 e 17 de Xullo a carballeira das Fraguiñas acollerá as representacións. Aquí tendes o cartel coas datas e os horarios das representacións.
Seguindo cos traballos da nova plantación, a Comunidade de Montes pecha o pastizal. O peche afecta a todo o perímetro do mesmo, se deixará unha cancela, que permitirá o aceso do gando, así como tamén se lle da continuidade ao camiño da Brea, a través de dúas cancelas de aceso para persoas. A Xunta Rectora informou na ultima asemblea xeral destes traballos. Se fixo tamén unha mellora no aceso da auga ao interior do pastizal. A parcela destinada a pastizal xa foi utilizada no pasado para este fin, a Comunidade de Montes quere limpar e pechalo de novo para resgardar o gando.
A Comunidade de Montes comeza a construción dunha nova poza contra incendios. O monte comunal de Prado da Canda contará cunha nova poza contra incendios, a nova infraestrutura se constrúe nas proximidades da nova plantación. Ten unha capacidade de 50 metros cúbicos, os camións e helicópteros que loitan contra o lume poderán abastecerse nesta nova construción. O presidente da Xunta Rectora, visitou as obras da nova infraestrutura que ven a sumarse a xa existente, na Costa da Aldea de Arriba.