Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VOLTA Á INFANCIA EN PRADO DA CANDA
As persoas que acudiron á l Festa da Asociación de Veciños de Prado da Canda, celebrada o pasado 25 de Xullo, disfrutaron dunha tarde de xogos e musica. Os adultos disfrutaron da ocasión de recordar e xogar aos xogos da súa infancia, os mais novos, compartiron os xogos cos maiores, animados polo bo tempo deixaron atrás as consolas e os ordenadores. A Asociación de Veciños agradece a colaboración dos veciños e veciñas, moitos deles compartiron tortillas, biscoitos e empanadas feitas nas casas. A Executiva fai unha valoración positiva de cómo se desenvolveu esta actividade de lecer, onde os socios e socias, e aqueles que aínda non o son, compartiron unha tarde de festa e lecer no torreiro da Igrexa de Prado da Canda.







PASA O PUNTEIRO POLAS IMAXES
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 30-07-2010 16:28
CONCLUÍDA A CONSTRUCIÓN DA NOVA POZA CONTRA INCENDIOS
Rematou a construción da nova poza contra incendios no monte comunal de Prado da Canda. A nova estrutura esta pechada perimetralmente, con esta medida pretendese evitar a caída acidental de persoas e de animais no interior da poza. A loita contra un eventual incendio é a prioridade desta obra, ten capacidade para 50.000 litros de auga, que se suman á capacidade da poza da Costa. O non contemplar a posibilidade do uso para o baño, carece dos elementos de seguridade propios para este fin.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 30-07-2010 16:19
ÉXITO DA lX MOSTRA DE TEATRO DE FORNELOS DA RIBEIRA
Numeroso publico acercouse ao concello de Salvaterra, concretamente a Fornelos da Ribeira. As distintas representacións teatrais contaron coa atención do publico, que acudiu dende distintos lugares da comarca. A Mostra de Teatro, que organiza a Asociación Cultural Solpor, é un dos poucos acontecementos culturais da comarca, onde a maioría dos concellos apostan mais por festas gastronómicas. Aquí podemos ver algunhas imaxes das distintas representacións.



Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-07-2010 17:05
FESTAS DO CRISTO DA AGONIA NA CANIZA
Moitos devotos asistiron na Caniza á misa e posteriormente á procesión, na honra do Cristo da Agonía. As autoridades acudiron un ano mais a esta importante cita de carácter relixioso e festivo. Os membros da Comisión de Festas traballaron arreo para que todo saíse ben. Mesmo se instalou unha pantalla xigante, na praza maior, para que os aficionados seguisen a final do mundial de fútbol. Aquí podemos ver unhas imaxes ...

Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-07-2010 16:58
FESTA DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS

O 25 de Xullo, a Asociación de Veciños celebrará unha pequena festa no torreiro da igrexa. A Executiva pretende homenaxear aos socios e socias, dedicándolle un día de encontro e lecer. Os xogos populares, acompañados dunha merenda e animados pola musica, procurarán que os asistentes pasen unha boa tarde do 25 de Xullo en Prado da Canda.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 18-07-2010 20:41
1 [2]
© by Abertal