As pascuillas que se acaban de celebrar, sen dubida pasarán a formar parte nun recuncho especial na memoria da veciñanza de Prado da Canda. A nosa parroquia foi a encargada de facer a ofrenda á Virxe da Franqueira. A xornada foi intensa, os nervios fixéronse ver, xa nos meses previos as persoas encargadas da organización viviron un intenso traballo. A recompensa a este esforzo valeu a pena.
Despois de viente e cinco anos, a nosa parroquia volve a facer a ofrenda nesta sinalada xornada
A parroquia de Prado da Canda realizará a ofrenda nas pascuillas. Este ano a nosa parroquia será a encargada de facer a ofrenda despois de vinte e cinco anos. Como conmemoración daquela ocasión os fieis preparan con ilusión tódolos detalles desta celebración. Os colectivos veciñais, tanto a Comunidade de Montes como a Asociación de Veciños, fixeron un esforzo para tentar ofrecer unha boa cara da nosa parroquia. O Concello de Covelo tamén implicouse na causa dado que limpou de maleza algunhas pistas forestais, facilitando así o paso dos peregrinos e das imaxes que portan dende as diversas parroquias de orixe.