|
|
|
REFORZO DUN VALADO EN PRADO DA CANDA |
|
 O Concello realiza traballos de mellora no muro do Torreiro da Igrexa.
O Concello de Covelo consolida o muro perimétrico do Torreiro da Igrexa. O Concello aproveita os traballos do derrube do escenario, para mellorar e consolidar o valado que sustenta o terreo do torreiro. O vello valado presentaba deficiencias que podían provocar desprendementos de terra. Con estes traballos o Concello pretende mellorar a utilidade do muro. |
|
|
|
A ANDAINA DO COTO DO BRETE XA TEN ROTEIRO |
|
Os colectivos de Prado da Canda veñen de establecer por onde pasa esta interesante ruta.
A andaina que están a preparar a Comunidade de Montes e mais a Asociación de Veciños de Prado da Canda xa ten o roteiro marcado. O recorrido é de aproximadamente oito km, e pasa polo Coto da Bouza, o Coto do Brete que é o punto mais alto desta ruta, e visita tamén as fragas do Regueiro de Valouta, cruza o Rio Azal e remata no Torreiro da Igrexa pasando antes pola Forxa do Ferreiro. A data concretarase esta fin de semana, e o mais probable é que sexa unha andaina nocturna, aproveitando a lúa chea. |
|
|
|
AS PASCUILLAS DA FRANQUEIRA ENCHEU DE DEVOTOS O SANTUARIO |
|
 Miles de fieis asistiron A Franqueira chegados de diversas parroquias.
Xa pasaron as Pascuillas da Franqueira, atrás queda xa no calendario esta importante cita para moita xente. Agora empezase a preparar a Roxeria do oito de setembro, outro dia a marcar no calendario das festas vencelladas á tradición. Como sempre nos últimos anos a organización das Pascuillas non deixou de sorprender aos romeiros que acudiron coas imaxes ao Santuario da Franqueira. Novos circuítos, que procuran axilizar a chegada ao chamado Santuario provisional por algúns medios de comunicación. Unha carpa que acolleu ás imaxes e mais aos asistentes á misa solemne das doce, celebrada polo Sr. Bispo da diocese. Algúns asistiron á eucaristía, outros ficaron a dar conta do polbo á feira. Como tódolos anos repetiuse a liturxia.
|
|
|
|
|
|
|