|
|
|
ÉXITO DA ANDAINA DO BRETE |
|
 A nutrida asistencia, anima aos colectivos veciñais de Prado da Canda a seguir organizando este tipo de actividades.
Un nutrido grupo de animosos camiñantes realizaron a Andaina do Brete. Mais dunha vintena de veciños e veciñas fixeron o recorrido programado pola Comunidade de Montes e a Asociación de Veciños. Os sendeiristas visitaron os Cotos da Bouza e o Coto do Brete onde puideron gozar da paisaxe que ofrecen estes miradores. Na profundidade do bosque, no Regueiro da Valouta, descubriron a cruz labrada na pedra que é o marco que define os montes comunais de Paraños e Prado da Canda. Souberon tamén da existencia de outros seres, personaxes que acostuman a saír na noite.
|
|
|
|
O SAGRADO CORAZÓN DE XESÚS EN PRADO DA CANDA |
|
A parroquia prepara esta tradicional festividade moi querida na nosa aldea.
Interesante cita para os crentes da nosa aldea. Esta vez a festividade relixiosa é do Sagrado Corazón de Xesús. A misa solemne do día sete de xullo é as oito da tarde, tendo a procesión como o acto mais significativo de toda a cerimonia. A imaxe do Sagrado Corazón é moi querida na parroquia, conta para o seu transporte cun curioso carro feito en forxa. A imaxe ten un considerábel peso o que non facilita o seu traslado nas andas. Isto ultimo provocou no seu día, xa lonxe no tempo, da creación deste peculiar carro de ferro. Deixamos o cartace que detalla os actos. |
|
|
|
MÚSICA TRADICIONAL NA CAÑIZA |
|
As Charraviscas da Cañiza convidan a pasar unha xornada con grupos tradicionais do pais.
O sábado, día seis de xullo, podemos asistir á II Xornada de Grupos Tradicionais. As Charraviscas da Cañiza organizan este interesante evento. Ás vinte horas sairá dende a Rúa Oriente da Cañiza un pasarrúas que chegará ata a Casa da Cultura da Cañiza. Varios grupos interpretarán pezas propias da música tradicional do noso pais. Podemos consultar o programa no cartace que aquí deixamos. |
|
|
|
A ANDAINA REMATARÁ CUNHA FESTA DE SAN XOÁN |
|
 O lume será o protagonista na noite de san Xoán que preparan os colectivos de Prado da Canda.
O día vinte e tres vai ser unha xornada moi completa. Aproveitando a noite da San Xoán a Asociación de Veciños e mais a Comunidade de Montes organizan unha pequena festa no Centro Socio Cultural de Prado da Canda. Despois da andaina, o lume e mais a festa serán os protagonistas, sempre que o tempo o permita a festa preparase para desenvolverse ao aire libre. Aquí deixamos o cartel co programa. |
|
|
|
SABIAS QUE ... |
|

Os colectivos veciñais da nosa aldea organizan unha andaina, que entre outros lugares visita o Coto do Brete. Os que se animen a realizar esta pateada, e si a climatoloxía o permite, poderán ver unha unha boa panorámica paisaxística. A altitude á que se atopa esta curiosa forma rochosa ronda os setecentos metros, nun día libre de nubes tal vez poidamos contemplar unha fermosa despedida do sol. |
|
|
|
|
|
|