|
|
|
ENCONTRO FOLCLÓRICO EN PETAN |
|
Os veciños de Petan, honran a Santo Antonio.
O vindeiro 24 de Xuño, Petan celebra o V Encontro Folclórico de San Antonio. O grupo Muíños de Oliveira acompañará á procesión da misa solemne das 12. Con este acto relixioso dará comezo a xornada, con múltiples actividades. Aquí deixamos o cartace co programa de actos ?
|
|
|
|
CLASES DE PANDEIRETA NA LAMOSA |
|

Os colectivos veciñais de A Lamosa e de Prado da Canda, animan á veciñanza a participar das clases.
A Asociación de Veciños San Bartolomé de A Lamosa ofrece un curso de pandeireta. Unha hora á semana é o horario que ofertan, concretamente os sábados pola tarde. O Centro Socio Cultural albergará as clases. A Asociación de Veciños de Prado da Canda colabora na difusión desta interesante actividade, animando aos veciños a participar das clases.
|
|
|
|
MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA |
|
 A nova Lei de Montes promovida polo goberno galego, non é do gusto de numerosos colectivos.
O nove de xuño a Organización Galega de Comunidades de Montes, organiza unha manifestación en Santiago de Compostela. A manifestación sairá ás 12 do medio día da estación do tren. A Organización Galega de Comunidades de Montes, conta entre outros apois co sindicato CIG, a Asociación para a defensa Ecolóxica de Galicia e a Federación Rural Galega, FRUGA. A manifestación esta convocada para amosar o rexeitamento destes colectivos contra a nova Lei de Montes promovida polo goberno galego.
Para saber ...
|
|
|
|
INAUGURACIÓN EN PARAÑOS |
|
 O Centro de Interpretación da Cerería de Paraños, dado a coñecer como Favum, comezará a súa andaina esta fin de semana.
A Comunidade de Montes Veciñais de Paraños, inaugurará o próximo sábado, día 9 do presente, o Centro de Interpretación da Cerería: Favum. O acto dará comezo ás 16:30 horas. Neste novo espacio, dáse a coñecer todo o proceso na elaboración de figuras de cera, que despois eran ofrecidas nas promesas que devotamente realizaban os fieis, nas múltiples romarías do pais. En tempos esta foi unha importante actividade na nosa comarca. A Comunidade de Montes de Paraños pon toda a súa ilusión neste novo proxecto, un anaquiño da nosa recente historia atopa acubillo no Favum de Paraños.
Para saber máis ...
|
|
|
|
PARA RECORDAR |
|
 |
|
|
|