Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )







O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NOITE DE SAN XOÁN NA LAMOSA
O vindeiro sábado, 25 de Xuño, a Asociación de Veciños San Bartolomé de A Lamosa, celebrará a noite de San Xoán. O acto comezará ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de A Lamosa. Os organizadores ofrecen un menú cos mesmos prezos que o ano pasado. Para saber mais ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 20-06-2011 21:57
KEDADA EN ARBO
Os amantes da bicicleta teñen unha cita o domingo 19 de Xuño, ás 9:30 en Arbo. O campo de fútbol será a testemuña da saída, a inscrición é totalmente gratuíta. Os que queiran poden quedar a un xantar na ponte romana de San Xoán. O prazo para apuntarse remata o día 17 Xuño. Aquí deixamos un telefono de contacto para anotarse 634 873 989
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 13-06-2011 22:27
PARA PENSAR ...
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 09-06-2011 12:26
O TRONO ACOMPAÑOU A TARDE DE FIADEIRO EN VIDE
Con treboada incluída celebrouse a tarde de fiadeiro na parroquia de Vide. Numeroso publico acercouse o domingo a tarde a disfrutar da musica tradicional, a pesar de que a climatoloxía ameazaba con nubes tormentosas. Os organizadores preocupáronse de sinalizar debidamente o enclave da festa, facilitando así a chegada ao recinto no concello de As Neves. Moitos grupos animaron a festa, acompañada por unha xenerosa merenda. O trono tamén fixo a súa aparición, onde as chispas tormentosas semellaban querer acompañar aos músicos, bailadores e bailadoras.





Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-06-2011 12:55
TARDE DE FIADEIRO EN VIDE

O domingo, 5 de Xuño, temos unha tarde de fiadeiro en Vide, concello de As neves. A partir das 17:00 horas comeza esta interesante actividade que organizan as Pandereteiras Saia de Lá, Gaiteir@s de Vide e a Asociación Cultural Vidense. Os organizadores invítannos a unha boa merenda, o Concello de As Neves colabora á realización deste acto.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 02-06-2011 19:16
[1] 2 [3]
© by Abertal