O peche do túnel da Paradanta en direccion Vigo ? Ourense, provocou unha longa retención de vehículos, dende a Cañiza ate o enlace con Paraños, na estrada nacional 120. O Alto de Fontefria e A Lamosa foron testemuñas desta monumental retención. Nalgúns treitos quedaron ocupados os dous carriles de ascenso da estrada nacional. Un conductor, manifestou que levaba retido dúas horas, aproximadamente, dende a saída da autovía. Os conductores amosaron grandes doses de paciencia, a pesar do intenso calor, que provocou algún desgusto nos motores dos coches. O túnel da Paradanta esta sometido a unhas obras de remodelación, necesarias para mellorar a seguridade do mesmo. A seguridade na estrada é sen dúbida prioritaria á hora de acometer obras, pero que tamén precisan dunha planificación dos traballos, que eviten o acontecido esta fin de semana.
O vindeiro sábado, 25 de Xuño, a Asociación de Veciños San Bartolomé de A Lamosa, celebrará a noite de San Xoán. O acto comezará ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de A Lamosa. Os organizadores ofrecen un menú cos mesmos prezos que o ano pasado. Para saber mais ...
Os amantes da bicicleta teñen unha cita o domingo 19 de Xuño, ás 9:30 en Arbo. O campo de fútbol será a testemuña da saída, a inscrición é totalmente gratuíta. Os que queiran poden quedar a un xantar na ponte romana de San Xoán. O prazo para apuntarse remata o día 17 Xuño. Aquí deixamos un telefono de contacto para anotarse 634 873 989
O domingo, 5 de Xuño, temos unha tarde de fiadeiro en Vide, concello de As neves. A partir das 17:00 horas comeza esta interesante actividade que organizan as Pandereteiras Saia de Lá, Gaiteir@s de Vide e a Asociación Cultural Vidense. Os organizadores invítannos a unha boa merenda, o Concello de As Neves colabora á realización deste acto.