|
|
|
A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN BARTOLOMÉ DE A LAMOSA ESTREA PAXINA NA REDE |
|
A AVV San Bartolomé de A Lamosa estrea unha nova paxina na web. Neste sitio de seguro que poderemos coñecer as novas das iniciativas veciñais. Podemos ver esta paxina no seguinte enlace http://sanbartolomedealamosa.blogspot.com/
Podemos ver unha foto moi interesante no Arquivo de Imaxes fecendo clik aquí
|
|
|
|
NOVAS PLANTAS NO MONTE COMUNAL |
|
A empresa de traballos forestais BRAÑA S.C.L, acaba de plantar as que no futuro serán as novas arbores do monte comunal. Os traballos da nova plantación están a piques de rematar, o acondicionamento das pistas e facer un novo peche para protexer a plantación son as tareas que faltan para rematar estes traballos.
|
|
|
|
DIRECTIVAS DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS REÚNENSE NA LAMOSA |
|
As executivas das asociacións veciñais da Lamosa, Paraños e Prado da Canda, reuníronse o pasado domingo na Lamosa. Esta é a primeira vez que se reúnen, a iniciativa partiu da Asociación de Veciños San Bartolome da Lamosa. A reunión, de carácter informal, é a primeira toma de contacto, que no futuro se espera repetir. Foron moitos os temas que se trataron, sen un orde do dia establecido, a xuntanza serviu para intercambiar experiencias, así mesmo se valorou a realización de actividades conxuntas, a dia de hoxe se están a valorar, coa finalidade de darlle forma e pórlle data a estas actividades. |
|
|
|
ASÍ ESTA QUEDANDO A FONTE DA ALDEA DE ARRIBA |
|
 Os traballos de acondicionamento da fonte da Aldea da Arriba, seguen a bo ritmo. Xa se pode empezar a ver como esta quedando a fonte, aínda quedan cousas por facer, os traballos están sen rematar. Podedes ver unha imaxe de como era a fonte xa fai moito tempo, no seguinte enlace ?
|
|
|
|
DAN COMEZO OS TRABALLOS DE ACONDICIONAMENTO DA FONTE DA ALDEA DE ARRIBA |
|
A Asociación de Veciños de Prado da Canda comeza cos traballos de acondicionamento da Fonte da Aldea de Arriba. Despois de obter o visto bo do Concello de Covelo só quedaba poñerse a traballar. A fonte presenta un forte abandono, na ultima Asemblea Xeral da Asociación de Veciños, e no marco do Plan Anual de Actividades, aprobáronse os traballos de acondicionamento deste importante punto de paso na nosa aldea. Podes ver o abandono que presenta a Fonte da Aldea de Arriba no seguinte enlace.
|
|
|
|
|
|
|