Novas de Prado da Canda
Prado da Canda dixital é o boletín informativo da Comunidade de Montes e mais da Asociación de Veciños de Prado da Canda
( Covelo )









O MEU PERFIL
forxaferreiro@yahoo.es
 CAIXAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OS COMUNEIROS DE PRADO DA CANDA APROBAN A XESTION DA XUNTA RECTORA
Na Asemblea Xeral celebrada o pasado dia 27 de Xuño, os comuneiros asistentes foron informados da xestión da Xunta Rectora. Os comuneiros tiveron oportunidade de facer todo tipo de preguntas sobre tódolos temas, a plantación que esta a punto de rematar, foi un dos temas con mais dubidas a aclarar, a Xunta Rectora tomou nota das suxerencias dos comuneiros. Debateuse tamén sobre as novos proxectos a realizar pola Comunidade de Montes. A recuperación das instalacións do curro foi orixe tamén dun intenso debate, o final do mesmo, aprobouse a rehabilitación do curro coa finalidade de poñelo en valor, e no futuro poder ser usado con garantías de seguridade. O peche do pastizal e a creación dun punto de auga foron temas de especial interes para os comuneiros que aclararon todo tipo de dubidas.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 29-06-2010 18:49
A ASEMBLEA DO SUÍDO PRESENTA UN RECURSO DE ALZADA
A Asemblea do Suído (FEG) vén de presentar un recurso de alzada para paralizar o novo proxecto eólico promovido outra vez por “Eurovento, S.L.”, que teima en destruír este espazo de media montaña galego co apoio incondicional da Xunta de Galicia.
Se por unha banda o Suído é candidato a formar parte da Rede Natura 2000 (polo menos iso é o que se sabe tirando da propia documentación da Administración), agora a propia Xunta aproba a construción deste parque eólico sen lle tremer a man. Se ben na nova Lei eólica do PP especifícase a prohibición de construír novos parques eólicos en Rede Natura, esta mesma lei non di ren sobre se é posíbel facelo en espazos para a súa ampliación: logo desta resolución e da Orde de reparto dos 2325 MW, podemos ollar como na realidade si que se permite.
Podedes ver o recurso e ollar máis polo miúdo os argumentos que utiliza a Asemblea do Suído para se opoñer a este proxecto, no seguinte enlace.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 26-06-2010 16:11
SAN XOAN NA LAMOSA
A Asociación de Veciños San Bartolomé de A Lamosa, celebrará o proximo día 26 de Xuño o San Xoan. A festa comenzará ás 19:30 horas, mais informacion no seguinte enlace …
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 24-06-2010 16:20
A FONTE DA ALDEA DE ARRIBA TEN OUTRA CARA
A punto están de rematar os traballos de acondicionamento da fonte da Aldea de Arriba. Agora só queda limpar e pintar o fronte do lavadoiro. A canalización da auga terá saída cunha reixa. A Asociación de Veciños quere chegar pronto ao remate destes traballos.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 22-06-2010 16:53
ASEMBLEA XERAL DA COMUNIDADE DE MONTES DE PRADO DA CANDA
A Xunta Rectora ven de dar a data para a celebración da Asemblea Xeral da Comunidade de Montes. O dia 27 de Xuño, é a data escollida, o local do Bar Río Azal albergará a reunión dos comuneiros e comuneiras que acudan á convocatoria. A primeira convocatoria é ás 15:00 horas e a segunda é ás 17:00, a Xunta rectora solicita aos comuneiros e comuneiras que acudan á segunda convocatoria. No orde do día destacan a autorización requirida par solicitar axudas, e tamén se vai facer un balance da xestión que ate o dia fai a Xunta Rectora.


Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-06-2010 15:42
A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN BARTOLOMÉ DE A LAMOSA ESTREA PAXINA NA REDE
A AVV San Bartolomé de A Lamosa estrea unha nova paxina na web. Neste sitio de seguro que poderemos coñecer as novas das iniciativas veciñais. Podemos ver esta paxina no seguinte enlace http://sanbartolomedealamosa.blogspot.com/


Podemos ver unha foto moi interesante no Arquivo de Imaxes fecendo clik aquí
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 17-06-2010 15:16
NOVAS PLANTAS NO MONTE COMUNAL
A empresa de traballos forestais BRAÑA S.C.L, acaba de plantar as que no futuro serán as novas arbores do monte comunal. Os traballos da nova plantación están a piques de rematar, o acondicionamento das pistas e facer un novo peche para protexer a plantación son as tareas que faltan para rematar estes traballos.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 16-06-2010 13:52
DIRECTIVAS DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS REÚNENSE NA LAMOSA
As executivas das asociacións veciñais da Lamosa, Paraños e Prado da Canda, reuníronse o pasado domingo na Lamosa. Esta é a primeira vez que se reúnen, a iniciativa partiu da Asociación de Veciños San Bartolome da Lamosa. A reunión, de carácter informal, é a primeira toma de contacto, que no futuro se espera repetir. Foron moitos os temas que se trataron, sen un orde do dia establecido, a xuntanza serviu para intercambiar experiencias, así mesmo se valorou a realización de actividades conxuntas, a dia de hoxe se están a valorar, coa finalidade de darlle forma e pórlle data a estas actividades.
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 08-06-2010 17:14
ASÍ ESTA QUEDANDO A FONTE DA ALDEA DE ARRIBA

Os traballos de acondicionamento da fonte da Aldea da Arriba, seguen a bo ritmo. Xa se pode empezar a ver como esta quedando a fonte, aínda quedan cousas por facer, os traballos están sen rematar. Podedes ver unha imaxe de como era a fonte xa fai moito tempo, no seguinte enlace …
Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 07-06-2010 17:40
DAN COMEZO OS TRABALLOS DE ACONDICIONAMENTO DA FONTE DA ALDEA DE ARRIBA
A Asociación de Veciños de Prado da Canda comeza cos traballos de acondicionamento da Fonte da Aldea de Arriba. Despois de obter o visto bo do Concello de Covelo só quedaba poñerse a traballar. A fonte presenta un forte abandono, na ultima Asemblea Xeral da Asociación de Veciños, e no marco do Plan Anual de Actividades, aprobáronse os traballos de acondicionamento deste importante punto de paso na nosa aldea. Podes ver o abandono que presenta a Fonte da Aldea de Arriba no seguinte enlace.




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 01-06-2010 22:16
FIEIS DE PRADO DA CANDA ACUDIRON ÁS PASCUILLAS DA FRANQUEIRA
Fieis da nosa parroquia acudiron ás pascuillas da Franqueira. A nosa Señora do Rosario visitou un ano mais a Franqueira. A imaxe foi levada a pe dende a nosa aldea ate o santuario. Este ano tamén acudiu o recen nomeado bispo da diocese de Tui – Vigo, Mons. D. Luis Quinteiro, que unha vez celebrada a eucaristía, participou na procesión posterior.




Comentarios (0) - Categoría: XERAL - Publicado o 01-06-2010 21:32
© by Abertal