Moitos veciños de Prado da Canda saíron en peregrinación ao santuario da Franqueia. A Virxe do Rosario, patroa da nosa parroquia, foi levada por un feixe de fieis a cumprir co ritual da pascuillas. A devoción e a festa mestúranse nas pascuillas. Unhas sesenta imaxes peregrinaron este ano á Franqueira, o día de calor fixo mella entre algúns peregrinos. Santa Mariña foi este ano a parroquia encargada de facer a ofrenda. O torreiro da Franqueira, un ano mais, quedouse pequeno para acoller a tanta xente. O cheiro do polbo, os foguetes e mais a musica dos gaiteiros tamén nos recordaban que era un día de festa.
O Concello de Covelo ven de anunciar a próxima construcción da casa da cultura de Prado da Canda. Colocou un cartel nas inmediacións da construcción da Casa da Cultura. No cartel podemos ver a empresa constructora e o orzamento da obra. É unha lastima que non apareza nin data do comezo da construccion nin tampouco a data do remate da mesma, moito nos tememos que esta infraestructura sexa utilizada electoralmente polo Alcalde nos vindeiros anos.
A AVV estará atenta, de momento non se cumpriu o primeiro prazo anunciado polo Alcalde, que anunciou o inicio das obras para o mes de Abril, cousa que non aconteceu. A colocación do cartel parece mais obedecer a unha estratexia de publicidade que á de asumir os compromisos adquiridos. Como diría Sabina ?¿quien me ha robado el mes de Abril ??, parece que no Concello de Covelo se fan a mesma pregunta.