O Santuario da Franqueira, prepara con moita ilusión este multitudinario acto relixioso e tamén festivo.
O luns, nove de xuño o Santuario da Franqueira celebrará as tradicionais Pascuillas. O santuario acollerá ese día ás imaxes procedentes de outras parroquias. A misa solemne será ás doce do medio día, sendo celebrada polo bispo da diocese Tui ? Vigo. Os peregrinos que portan as imaxes proceden de lugares, que nalgúns casos distan moi lonxe do santuario. Os organizadores non aforran esforzos á hora de que todo saia o mellor posíbel. Para saber mais ...
As panderetereiras Saia de La, organizan con outros colectivos, esta mostra de cantigas e sons tradicionais.
O domingo, día un de xuño estamos convidados a acudir a Vide, parroquia do concello de As Neves. A partir das 17:00 horas na Chan de Vide temos un fiadeiro, onde haberá merenda para todos, acompañada polos acordes que ofrece a música tradicional.
O colectivo veciñal organiza un acto de homenaxe a Díaz Pardo.
O vindeiro 17 de maio, celebrase o día das letras galegas, que este ano dedicase ao poeta de Guitiriz, Xosé María Díaz Pardo. A Asociación Veciñal de Paraños organiza para esta data ás 16:30 na Casa da Cultura de Moeiros, un interesante acto protagonizado por Quico Cadaval. O acontecemento cultural contará para a súa presentación con Elías Torres Feijó.